Bunraku
O bunraku (文楽?)[1] é o nome xenérico polo que é coñecido o teatro de monicreques xaponés Ningyō jōruri (人形浄瑠璃?) (monicreques e historias contadas). Caracterízase pola unión de tres artes escénicas distintas, os monicreques (ningyō), a recitación (jōruri) a cargo do recitador (tayū) e a música do shamisen.
O teatro de monicreques Ningyo Johruri Bunraku foi proclamado no 2003 e inscrito no 2008 na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da Unesco.[2]
Orixes
[editar | editar a fonte]A orixe dos monicreques no Xapón non se coñece con exactitude, mais a maior parte dos estudosos coinciden que as monicreques participaban en antigos rituais relixiosos servindo como vehículo para facer chegar pregarias ós deuses, ou ben, o manipulador actuando como médium era posuído por un deus. Este tipo de uso aínda hoxe é frecuente en zonas rurais, no que o monicreque serve para protexer ós nenos de enfermidades. As figuras humanas representadas como bonecos ou monicreques, independentemente de se teñen movemento ou non, reciben en xaponés o nome de ningyō (人形), cuxo significado literal é “figura humana”.
Clasificación dos monicreques
[editar | editar a fonte]Os monicreques clasifícanse seguindo diferentes criterios, un deles é polo número de manipuladores necesarios para operar con ela. Os papeis máis importantes necesitan de tres persoas, mentres que para os papeis secundarios un só operador abonda para o seu manexo.
Outra das divisións, en xeral a máis común, é segundo o tipo de cabeza do monicreque e distingue entre personaxes femininos e masculinos, e pola idade, clase social, personalidade e papel na obra. Entre os personaxes principais máis representados están:
- danshichi Carácter forte.
- kenbishi Oficiais.
- komei Heroe.
- wakaotoko Mozo adolescente e guapo.
- fukeoyama Madrasta.
- okusan Esposa, irmá e vella.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consello da Cultura Galega (ed.). "Bunraku no Dicionario de Termos Escénicos". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ "El teatro de marionetas Ningyo Johruri Bunraku". UNESCO Culture Sector. Consultado o 19-08-2010.