CD11
Aparencia
O CD11 (cluster de diferenciación 11) é un tipo de polipéptido da superfice celular dos leucocitos, que forma a subunidade α (alfa), que é un compoñente de varias integrinas. As integrinas son proteínas heterodímeras que constan dunha unidade alfa e outra beta. O CD11 é a subunidade alfa e únese a unha subunidade β2 (beta 2), que é o CD18, para formar unha integrina que media na adhesión leucocitaria. Hai tres tipos de CD11 chamados CD11a, CD11b e CD11c, que están codificados, respectivamente, polos xenes ITGAL, ITGAM e ITGAX do cromosoma 16 humano.[1]
As integrinas das que forma parte o CD11 son:
- LFA-1 (antíxeno asociado á función do linfocito 1). Formado polo heterodímero CD11a/CD18. Tamén chamado integrina αLβ2. Aquí o CD11a é a cadea L de integrina.[2]
- Mac1 (antíxeno de macrófago-1). Formado polo heterodímero CD11b/CD18. Tamén se chama CR3 (receptor do complemento 3) e integrina αmβ2. Aquí o CD11b é a cadea M de integrina.[3]
- CR4 (receptor do complemento 4). Formado polo heterodímero CD11c/CD18. Aquí o CD11c forma a cadea X de integrina.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Larson R, Springer T (1990). "Structure and function of leukocyte integrins". Immunol Rev 114: 181–217. doi:10.1111/j.1600-065X.1990.tb00565.x. PMID 2196220.
- ↑ "Entrez Gene: ITGAL integrin, alpha L (antigen CD11A (p180), lymphocyte function-associated antigen 1; alpha polypeptide)".
- ↑ Solovjov D, Pluskota E, Plow E (2005). "Distinct roles for the alpha and beta subunits in the functions of integrin alphaMbeta2". J Biol Chem 280 (2): 1336–45. doi:10.1074/jbc.M406968200. PMID 15485828.
- ↑ "Entrez Gene: ITGAX integrin, alpha X (complement component 3 receptor 4 subunit)".