Imaxe |
Título |
Ano |
Técnica |
Dimensións |
Localización |
Notas
|
|
Bautismo de Cristo
|
1472 - 1475
|
Óleo sobre táboa
|
177 x 151 cm
|
Galería Uffizi, Florencia
|
Pintado por Andrea del Verrocchio, pero o anxo ao lado esquerdo está feito por Leonardo.[2] Recoñécese en xeral que Leonardo tamén pintou unha gran parte da paisaxe de fondo. É un dos primeiros traballos que existen del. A declaración de Giorgio Vasari que o anxo da esquerda é obra de Leonardo está confirmada por estudos por Bode, Seidlitz e Guthman, e aceptada por McCurdy, Wasserman e outros.
|
|
Anunciación
|
1472 - 1475
|
Óleo sobre táboa
|
98 x 217 cm
|
Galería Uffizi, Florencia
|
En xeral, crese que é a primeira obra completa existente de Leonardo. Ata o 1869, a obra atribuiase a Verrocchio. Actualmente hai consenso na atribución a Leonardo, proposta por Liphhart, e aceptada por Bode, Lübke, Muller-Walde, Berenson, Clark, Goldscheider e outros.[1]
|
|
Madonna Dreyfus
|
1475 - 1480
|
Óleo sobre táboa
|
15,7 x 12,8 cm
|
National Gallery de Washington
|
Obra previamente atribuída a Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución, mentres que outros cren que é un traballo da mocidade de Leonardo. Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio.[1] Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.[3]
|
|
Retrato de Xenebra de Benci
|
1476
|
Óleo sobre táboa
|
38,8 x 36,7 cm
|
National Gallery de Washington
|
Waag, en 1866, propuxo a atribución da obra a Leonardo, e recibiu o apoio de Bode. Os primeiros estudosos do século XX mostraron o seu desacordo, pero a maioría dos críticos actuais aceptan tanto a autoría como a súa identidade.[1]
|
|
Madonna Benois
|
1478
|
Pintura ó óleo
|
49,5 x 33 cm
|
Ermitage, San Petersburgo
|
A maioría dos críticos coinciden coa atribución a Leonardo, como Berenson, Clark e Castelfranco.[1]
|
|
Virxe do caravel
|
1478 - 1480
|
Óleo sobre táboa
|
62 x 47,5 cm
|
Alte Pinakothek, Múnic
|
Acéptase de xeito xeneralizado que é de Leonardo, pero aparece algún sobrepintado dun posible pintor flamengo.[1]
|
|
Anunciación
|
1478 - 1480
|
Temple e óleo sobre táboa
|
16 x 60 cm
|
Museo do Louvre París
|
Algúns críticos propoñen a teoría de atribuír a obra á man de Lorenzo di Credi, pero partindo este para a súa realización dun debuxo previo de Leonardo. Apoia esta proposición a existencia dun debuxo atribuído a Leonardo co mesmo esquema xeral, e que se conserva na Galería Uffizi.
|
|
San Xerónimo penitente
|
c. 1480
|
Óleo e temple sobre taboa
|
103 cm × 75 cm
|
Museos Vaticanos
|
Aceptada unanimemente pola maioría de críticos como orixinal. Inconclusa.
|
|
Adoración dos Magos
|
1481
|
Óleo sobre táboa
|
240 x 250 cm
|
Galería Uffizi, Florencia
|
Inacabada.
|
|
A Virxe das Rochas
|
1483 - 1486
|
Óleo sobre táboa (Transferido a tea)
|
199 x 122 cm
|
Museo do Louvre, París
|
A maioría dos especialistas considérana como a primeira das dúas versións que existen sobre o mesmo tema. Enteiramente autógrafa segundo a maioría deles.
|
|
A dama do armiño
|
1485
|
Óleo sobre táboa
|
54 x 39 cm
|
Museo Czartoryski, Cracovia
|
Que a pintase Leonardo foi obxecto dun longo debate desde que, en 1889, se propuxera que el era o seu autor. A atribución do cadro Xenebra de Benci apoiou que esta obra tamén se dea como de Leonardo.[1]
|
|
Madonna Litta
|
1490
|
Óleo sobre táboa (transferida a lenzo)
|
42 x 33 cm
|
Ermitage, San Petersburgo
|
En anos recentes, sobre a base dunha comparación estilística, algúns críticos (entre os que se atopan Carlo Pedretti, David A. Brown, Maria T. Fiorio e P. C. Marani) consideran que esta obra é produto do pincel de Giovanni Antonio Boltraffio.[4]
|
|
Retrato dun músico
|
1490
|
Óleo sobre táboa
|
45 x 32 cm
|
Pinacoteca Ambrosiana, Milán
|
Discutida.
|
|
La Belle Ferronière
|
1490 - 1495
|
Óleo sobre táboa
|
62 x 44 cm
|
Museo do Louvre, París
|
Discutida.
|
|
A última Cea
|
1495 - 1497
|
Pintura o fresco
|
460 x 880 cm
|
Santa Maria delle Grazie, Milán
|
Aceptada unanimemente como obra leonardesca e unha das súas principais realizacións.
|
|
A Virxe das Rochas
|
1495 - 1508
|
Óleo sobre táboa
|
189,5 x 120 cm
|
National Gallery de Londres
|
Xeralmente aceptada como unha versión posterior á do Louvre. Realizada coa colaboración de Ambrogio de Predis e quizais outros. Mentres a data non é aceptada por todos, a colaboración do taller de Leonardo parece indiscutible.[1]
|
|
Sala delle Asse
|
1498 - 1499
|
Pintura ó fresco
|
|
Castelo Sforzesco, Milán
|
Aceptada totalmente. Luca Beltrami fixo unha gran argumentación con documentos da época de Leonardo.[5]
|
|
Cartón de Burlington House
|
1501 - 1505
|
Carbón, xeso branco e negro en papel tinxido
|
142 x 104,5 cm
|
National Gallery de Londres
|
Aceptada sen discusión.
|
|
Virxe do fuso
|
1501
|
Pintura ó óleo
|
50,2 x 36,4 cm
|
Museo Soumaya, Cidade de México
|
Existen tres versións, aparentemente feitas por artistas diferentes, quizais copias dun traballo perdido que se describiu que pertencía a Leonardo. O máis coñecido, propiedade do Duque de Buccleuch, foi roubado en 2003 e recuperado en 2007.[6]
|
|
A Gioconda
|
1503 - 1506
|
Óleo sobre táboa
|
77 x 53 cm
|
Museo do Louvre, París
|
Aceptada sen discusión.
|
|
A Virxe, o Neno Xesús e Santa Ana
|
1510 - 1513
|
Óleo sobre táboa
|
168 x 112 cm
|
Museo do Louvre, París
|
Aceptada sen discusión. No entanto, o seu estado de conservación é regular e sufriu restauracións severas.
|
|
Baco
|
1510 - 1515
|
Óleo sobre táboa, transferida a tea
|
177 x 115 cm
|
Museo do Louvre, París
|
En xeral, está considerada como unha copia dun debuxo.[1]
|
|
San Xoán Bautista
|
1513 - 1516
|
Óleo sobre táboa
|
69 x 57 cm
|
Museo do Louvre, París
|
Aceptación xeneralizada. O Anonimo Gaddiano, escribiu que Leonardo pintou un San Xoán. Considerada a última grande obra de Leonardo.[1]
|