Saltar ao contido

Cadwallon ap Cadfan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCadwallon ap Cadfan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento591 Editar o valor en Wikidata
Reino de Gwynedd Editar o valor en Wikidata
Morte634 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Batalla de Heavenfeld, Bernicia Editar o valor en Wikidata
Reino de Gwynedd
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaReino de Gwynedd Editar o valor en Wikidata
Cónxuxeunnamed daughter of Pybba of Mercia Editar o valor en Wikidata
FillosCadwaladr Editar o valor en Wikidata
PaiCadfan ab Iago Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ap_Cadfan-1

Cadwallon ap Cadfan, finado en 634[1], foi rei de Gwynedd desde o ano 625, aproximadamente, ata a súa morte en combate.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo e sucesor de Cadfan ap Iago, é lembrado principalmente por ser o rei britano que derrotou ao rei anglo Edwin de Northumbria. Posteriormente loitou e morreu na batalla contra o seu sucesor, Oswald de Bernicia. O historiador Beda, escribindo un século despois da morte de Cadwallon, menciona que o poderoso reino de Edwin se estendía ata as illas de Man e Anglesey[2]. Os Annales Cambriae indican que Cadwallon foi cercado en Glannauc (ou Illa Puffin), unha pequena illa o leste de Anglesey, no ano 629[3]. O legado poético galés tamén se refire a Cadwallon como un líder heroico e á súa loita contra Edwin. Relata unha batalla en Digoll (Long Mountain) e que Cadwallon pasou un tempo en Irlanda antes do seu regreso a Britania para derrotar a Edwin[4].

Segundo Geoffrey de Monmouth, na súa Historia Regum Britanniae, Cadwallon foi a Irlanda e posteriormente á illa de Guernsey. Desde aquí conduciu un exército ata Dumnonia, que venceu a Penda de Mercia en Exeter, e o forzou a formar unha alianza. Geoffrey tamén menciona o feito de que Cadwallon casou cunha media irmá de Penda[5]. Desta unión nacería o seu fillo, Cadwalar "Fendigaid" ap Cadwallon.

Penda e Cadwallon loitaron contra Northumbria e na Batalla de Hatfield Chase, o 12 de outubro de 633, venceron e mataron a Edwin e o seu fillo Osfrith[6]. Como resultado, o reino de Northumbria sumiuse no caos, quedando dividido nos reinos de Deira e Bernicia,[7] pero a guerra continuou; de acordo coa Crónica Anglosaxoa, "Cadwallon e Penda marcharon sobre todas as terras de Northumbria".[8] Segundo Beda, Cadwallon foi cercado polo novo rei de Deira, Osric, "nunha cidade forte"; Cadwallon, en cambio, "rompeu o cerco repentinamente e, por sorpresa, logrou vencer e destruír a Osric e o seu exército". Tras iso, de acordo con Beda, Cadwallon gobernou sobre "as provincias de Northumbria" durante un ano, "non como un rei vitorioso, senón como un tirano voraz e sanguinario."[7] Ademais, Beda dinos que Cadwallon, "aínda que se consideraba a si mesmo cristián, foi tan bárbaro nas súas disposicións e comportamento que non respectou nin ás mulleres nin a inocencia dos nenos, aos que someteu cunha crueldade salvaxe a mortes horríbeis, devastou o país durante longo tempo e dispúxose a exterminar a raza dos anglos dentro dos límites de Britania"[6].

O novo rei de Bernicia, Eanfrith, foi tamén asasinado por Cadwallon cando acudiu ao seu encontro para negociar a paz.

Cadwallon foi finalmente derrotado e asasinado o irmán deste, Oswald de Bernicia, ou de Northumbria, na Batalla de Heavenfeld. Morreu nun lugar chamado "Denis' brook"[7].

Segundo as Tríades galesas, o seu bardo tería sido Afan Ferddig.

  1. Diferentes interpretacións sobre as datas apuntadas por Beda para a Batalla de Hatfield Chase levaron á dúbida de se morreu en 634 ou ben en 633. En todo caso, iso sucedeu un ano despois desta batalla.
  2. Beda, H. E., libro II Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine., capítulo 9. Beda denomínaas Illas Mevanias.
  3. Annales Cambriae Arquivado 04 de decembro de 2010 en Wayback Machine., 629.
  4. D. P. Kirby, The Earliest English Kings (1991, 2000), páxinas 71–72.
  5. Geoffrey of Monmouth, The History of the Kings of Britain, Part Eight: "The Saxon Domination."
  6. 6,0 6,1 Beda, H. E., Libro II, capítulo 20.
  7. 7,0 7,1 7,2 Beda, H. E., Libro III Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine., capítulo 1.
  8. Crónica Anglosaxoa, manuscrito E, anor 633. Traducido ao inglés moderno por Michael Swanton (1996, 1998).