Carrán bengalés
Aparencia
Carrán bengalés | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Thalasseus bengalensis (Lesson, 1831) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sterna bengalensis Lesson, 1831 |
O carrán bengalés[2][3] (Thalasseus bengalensis) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae.
Características
[editar | editar a fonte]É moi semellante ó carrán cristado. A diferenza fundamental é o peteiro, xa que é de cor alaranxada. Tamén se pode confundir co carrán real, mais a especie bengalensis é unha ave máis pequena, cun voo máis estilizado e co peteiro máis fino.
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúse ó longo da costa africana. A poboación do norte de África migra cara ó noroeste de África, sendo unha especie moi rara en Europa. Historicamente tense documentado a cría en Andalucía e o sur de Italia. En España, só cría de maneira confirmada e continuada no Parque Natural do Delta do Ebro, ás veces hibridando co carrán cristado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Sterna bengalensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 260.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2016.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |