Celia Villalobos
(2001) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1949 (75 anos) Benalmádena, España |
Deputada de España | |
5 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
29 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputada de España | |
2 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
31 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Ministro de Sanidade e Consumo | |
27 de abril de 2000 – 10 de xullo de 2002 ← José Manuel Romay Beccaría – Ana Pastor Julián → | |
Deputada de España | |
30 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Alcaldesa de Málaga | |
1995 – 2000 ← Pedro Aparicio Sánchez (pt) – Francisco de la Torre → | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Popular 19 de xullo de 1994 – 30 de setembro de 1995 Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 | |
Deputada de España | |
21 de xuño de 1993 – 27 de xuño de 1994 – Pablo Marcial Izquierdo Juárez → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputada de España | |
13 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputada de España | |
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Málaga Electa en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Cónxuxe | Pedro Arriola (1971–) |
Premios | |
Celia Villalobos Talero, nada en Arroyo de la Miel (Benalmádena, Málaga) o 18 de abril de 1949, é unha funcionaria e política española, deputada no Congreso por Málaga dende o ano 1986, durante dez lexislaturas.
Foi ministra de Sanidade, alcaldesa de Málaga e ocupou diversos cargos de responsabilidade no Congreso dos Deputados e na estrutura orgánica da Alianza Popular (posteriormente coñecida como Partido Popular). Foi portavoz adxunta do Partido Popular na cámara baixa e presidenta da Comisión do Pacto de Toledo.
É Dama gran cruz da Real Orde de Isabel a Católica e Dama gran cruz da Real Orde de Carlos III en recoñecemento aos seus servizos ao reino de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Villalobos naceu en Arroyo de la Miel, pedanía de Málaga, filla dun avogado orixinario da Arxentina e dunha ama de casa malagueña. É funcionaria do Estado (escala administrativa), actuando como tal no Sindicato Vertical e posteriormente no Ministerio de Cultura.
Na súa mocidade militou no PCE de Málaga, a súa provincia natal, identificada co antifranquismo.[1] O 1986 foi elixida deputada por Alianza Popular (máis tarde Partido Popular) ao Congreso dos Deputados pola provincia de Málaga para a terceira lexislatura da democracia española e mantivo o seu escano na Cámara Baixa ata a súa decisión de retirarse da política en 2019.[2]
A súa imaxe pública comezou a forxarse na década de 1990 como contertulia nun programa de televisión de Jesús Hermida. En 1993 formou parte da executiva do Partido Popular de Aznar, xunto a outras políticas destacadas do PP como Soledad Becerril, Teófila Martínez, Isabel Tocino, Rita Barberá, Luisa Fernanda Rudi, Loyola de Palacio etc. Aquel grupo de mulleres proporcionou unha nova imaxe pública máis moderna e de dereita europea ao partido conservador español, distanciándose da época anterior.
En 1994 foi elixida eurodeputada, cargo que ocupou durante un ano e que deixou para centrarse na política municipal.
En 1995 gañou as eleccións municipais e a alcaldía de Málaga. Foi a primeira muller en ocupar este posto na capital malagueña. Encabezou a candidatura do PP e obtivo 15 concellarías, quedando a unha da maioría absoluta. Volveu presentarse para o seguinte mandato e revalidouno en 1999 obtendo maioría absoluta.
Nos cinco anos que foi alcaldesa de Málaga, sentou as bases da transformación da cidade. Alcanzou fitos importantes como a aprobación da novo PXOU, iniciou novas infraestruturas como o Palacio de Deportes José María Martín Carpena e do Palacio de Feiras e Congresos, comezou a construción do túnel baixo a Alcazaba, impulsou o Festival de Cinema Español, e pelexou para que o AVE chegase a Málaga, motivo polo que se enfrontou ao goberno de Aznar. O 27 de abril de 2000 deixou este cargo en mans do seu segundo, Francisco de la Torre, para formar parte do Goberno de España.
Foi ministra de Sanidade entre o 27 de abril de 2000 e o 10 de xullo do 2002, como parte do executivo formado por Aznar para a VII Lexislatura. O seu papel no ministerio foi considerado polémico. Nesa etapa desatouse a alarma social ante a propagación do coñecido como o mal das vacas tolas[3] e ante a situación a entón ministra xerou a polémica ao desaconsellar o consumo de caldo con ósos de vacún.[4] Como consecuencia desta crise creouse a Axencia Española de Seguridade Alimentaria.[5] Doutra banda, durante eses anos produciuse a descentralización total da Sanidade a favor das comunidades autónomas que non a tiñan xa transferida.[6]
Foi portavoz adxunta do Partido Popular na cámara baixa e presidenta da Comisión do Pacto de Toledo.[7] A súa relación con Aznar foi boa e con Rajoy foi crítica e distante, o que lle supuxo carecer da protección do partido. A súa figura sempre foi polémica dentro do PP, reivindicándose como experta en temas socio-laborais e significada como loitadora antifranquista, representado a á máis progresista dos populares.[8]
Na VIII Lexislatura ocupou o cargo de secretaria segunda do Congreso español e na IX pasou a ocupar a secretaría cuarta do Congreso. En 2009 foi chamada á orde pola presidenta do Parlamento, abandonando a sesión.[9]
O 12 de decembro de 2011, Mariano Rajoy propúxoa ante o seu partido como vicepresidenta do Congreso dos Deputados para a X Lexislatura.[10]
O 20 de febreiro de 2019 anunciou a súa retirada da política activa coincidindo coa disolución das Cortes Xerais o 5 de marzo, tras estar nela de forma continuada de 1986 e manter o seu escano durante dez lexislaturas.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Villalobos está casada con Pedro Arriola, ex-asesor do PP. É nai de tres fillos.[2][11][12]
Controversias
[editar | editar a fonte]A súa ideoloxía, bastante afastada do conservadorismo tradicional, fíxolle gañar fama de rebelde cando se trataban temas sociais ao actuar varias veces de forma distinta á establecida polo partido, con marcados desplantes cara ao mesmo; así en 1997 desde o PP reprochóuselle que rompese a disciplina no debate dunha proposición de lei sobre a regulación das parellas de feito. Tamén se ausentou do Congreso na votación en contra da ampliación do aborto e en abril de 2005 foi sancionada economicamente por votar, por segunda vez, a favor da legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. En maio de 2013 abandonou o pleno do Congreso que debatía unha reforma da lei do aborto, ao sentirse contrariada despois de que a deputada do PP Beatriz Escudero afirmase que as mulleres que abortan adoitan ser aquelas con menor nivel educativo, evitando así votar contra unha moción do PSOE.[13] Discutiuse tamén se a tolerancia a eses desplantes tiña a súa orixe na posición da que gozaba o seu marido como asesor do Partido Popular.[14]
No Congreso dos Deputados, o 22 de febreiro de 2011 protagonizou un episodio na Xunta de Portavoces do Congreso ao referirse ás condicións de contratación de persoal discapacitado no Congreso como "o tema dos parviños". O entón presidente do Congreso, José Bono, tivo que pedirlle varias veces que deixase de empregar o termo "parviño".[15] O 17 de maio de 2012 cualificou de "machista" o deputado do PSOE José Martínez Olmos por cualificar de "incompetente" á ministra Ana Mato.
O 24 de febreiro de 2015 foi gravada xogando ao Candy Crush no seu iPad durante a intervención do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, durante o debate sobre o estado da nación sendo ela vicepresidenta primeira do Congreso dos Deputados e presidindo ela a sesión. As redes sociais enchéronse de comentarios indignados por un comportamento impropio dun cargo electo remunerado.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Junquera, Natalia (26 de febreiro de 2019). "Villalobos: “Se me abren las carnes cuando oigo al secretario general de Vox”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Celia Villalobos, una mujer que no deja indiferente". 21 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ El País, ed. (13 de decembro de 2000). "Villalobos retrasa su comparecencia por las 'vacas locas' a febreiro".
- ↑ El País, ed. (9 de xaneiro de 2001). "Villalobos desaconseja el caldo de huesos de vaca".
- ↑ Diario ABC, ed. (28 de agosto de 2001). "Celia Villalobos, una carrera política pintada por la polémica".
- ↑ "«Celia Villalobos admite ante la juez que Fabra se interesaba por la lentitud de los permisos.»". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011.
- ↑ ""Marido de ministra", El Siglo 2000". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Las 10 mujeres fuertes del PP: de Aguirre y Cifuentes a Villalobos y Cospedal". Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ Villalobos es llamada al orden por la Presidenta del Parlamento
- ↑ Jesús Posada presidirá el Congreso y Pío García-Escudero el Senado, El Mundo, 12 de decembro de 2011.
- ↑ Rajoy recibe consejos del consultor Pedro Arriola durante la pausa publicitaria
- ↑ "Epoca" sobre Pedro Arriola.
- ↑ «Villalobos abandona el pleno enfadada para no votar como el PP sobre el aborto.» Libertad Digital.
- ↑ «La cabeza Pensante de Rajoy se llama Pedro Arriola.» Libertad Digital.
- ↑ «Bono arremete contra Villalobos por llamar a los discapacitados 'tontitos'.»
- ↑ «Celia Villalobos, pillada jugando con su tableta en el Congreso.» La Vanguardia. Consultado o 26 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Celia Villalobos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Villalobos na páxina do Congreso dos DeputadosArquivado 02 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Ministros de Sanidade de España
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Alcaldes de Málaga
- Nados en Málaga
- Nados en 1949