Saltar ao contido

Choque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Choque
Clasificación e recursos externos
ICD-10R57
ICD-9785.50
DiseasesDB12013
MedlinePlus000039
eMedicinemed/285 emerg/533
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.


Clasificación do choque.
Hipovolémico
  • Non traumático
  • Traumático
Cardioxénico
no choque séptico
Vasoxénico

Un choque[1][2] (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.

O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.

Aínda que existen outros grupos de clasificación do choque, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais:

  • Hipovolémico
  • Cardioxénico
  • Vasoxénico

Causas do choque

[editar | editar a fonte]
  • Hemorraxias: Prodúcese tras un 30% de perda de sangue.
  • Queimaduras: Perda de líquidos por ausencia da pel.
  • Fracturas múltiples.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para choque. Acepción 5
  2. Diccionario galego de termos médicos. Real academia de medicina e cururxía de Galicia. 2002. Páxina 137 [www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf ]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.