Saltar ao contido

Cidade de Guatemala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCidade de Guatemala
Ciudad de Guatemala (es) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe

Localización
Mapa
 14°36′35″N 90°31′31″O / 14.60986, -90.52525
EstadoGuatemala
DepartamentosDepartamento de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.213.651 (2022) Editar o valor en Wikidata (1.753,83 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie692 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.500 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Villa Nueva (pt) Traducir
Mixco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación25 de xullo de 1524 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1001–1073 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmuniguate.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452362

Cidade de Guatemala (oficialmente e en castelán La Nueva Guatemala de la Asunción, habitualmente coñecida coma Ciudad de Guatemala, Guatemala) é a capital e a cidade máis extensa do estado de Guatemala. Á súa vez, é a capital do Departamento de Guatemala e a cidade máis extensa de América Central.

Segundo o censo do ano 2002, a cidade conta cunha poboación de 3 942 348 habitantes. A cidade está sita nun val na área sur central do país.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación da Cidade de Guatemala é de 3 942 348 habitantes, segundo o censo do ano 2002. Debido a que non se ten unha área metropolitana definida, senón que só se considera coma cidade aos límites municipais desta, os informes de poboación da cidade poden variar se se toma en conta a área metropolitana.

A cidade conta cunha poboación diversa, predominantemente de orixe europea (principalmente española) e mestiza, ademais de existiren grupos indíxenas importantes e inmigrantes doutros países centroamericanos, e unha crecente comunidade de coreanos, estadounidenses e europeos (principalmente empresarios). A poboación segue medrando coa chegada de inmigrantes indíxenas de departamentos doutras partes do país.

A Cidade de Guatemala xa superou os seus límites xurisdicionais e conforma a chamada Área Metropolitana de Guatemala (ou AMG), que conforman os municipios de: Guatemala, Villa Nueva, San Miguel Petapa, Mixco, San Juan Sacatepequez, San José Pinula, Santa Catarina Pinula, Fraijanes, San Pedro Ayampuc, Amatitlán, Villa Canales e Chinautla.

Dentro dos confíns da moderna Cidade de Guatemala está a antiga cidade maia de Kaminaljuyú. Kaminaljuyú data duns 2.000 anos atrás e é sabido que comerciaba coa distante Teotihuacán en México central. O centro de Kaminaljuyú estaba localizado a curta distancia da parte máis vella da Cidade de Guatemala, e no século XX, a cidade medrou arredor das ruínas (e nalgúns casos sobre algunhas das ruínas periféricas antes de que fosen protexidas). O centro cerimonial de Kaminal Juyú é agora un parque dentro da Cidade de Guatemala.

En tempos da colonia española era unha pequena cidade cun mosteiro chamado O Carme, fundado en 1620. A sede da capitanía xeneral de Guatemala, dependente do vicerreinado da Nova España mudouse a este lugar dende a vella capital Antiga Guatemala en 1775 ao Valle de las Vacas ou de la Ermita, como se coñece ao val onde está asentada a cidade; o que induciu a unha grande expansión da cidade.

O seu desenvolvemento viuse afectado en incontábeis ocasións por desastres naturais, terremotos na súa maioría; que devastaron a cidade e os seus arredores. O último que a afectou foi o terremoto de 1976, que danou seriamente a estrutura moderna construída e a que se atopaba en construción, ao igual que reliquias históricas coma as igrexas de Nosa Señora da Mercé, Nosa Señora do Carme (primeira igrexa construída no val cara a 1620), o edificio do Mercado Central (hoxe convertido nun edificio basto que inclúe un centro de artesanías nacionais para o turista).

Fundada oficialmente o 2 de xaneiro de 1776, abarcaba unha área aproximada de 10 x 20 rueiros (1 rueiro = 7000 metros cadrados), o seu crecemento deuse en todas direccións, sendo predominantes o sur occidente e o sur oriente. O seu crecemento tomou varias poboacións que nos seus inicios atopábanse afastadas, e que hoxe forman parte da cidade. Algunhas destas son Mixco, Santa Catarina Pinula, Villa Nueva e San José Pinula. Tamén se deu o fenómeno das cidades dormitorio, coma Fraijanes, Villa Canales e Amatitlán. Nestas cidades e vilas, os desenvolvementos urbanísticos son moitos e amosan o gran crecemento de poboación da cidade, pero esta aínda padece de escaseza de vivenda, o que fomenta a aparición de barriadas en zonas de alto perigo, coma as ladeiras e barrancos característicos da rexión.

Características da cidade

[editar | editar a fonte]
Mapa da cidade.

A Cidade de Guatemala é a capital económica, gobernamental e cultural da República de Guatemala. A cidade ten alén dunha gran variedade de restaurantes, hoteis e tendas, unhas 300 galerías e museos (incluíndo boas coleccións de arte precolombiana. Hai 18 Universidades, 17 privadas e unha nacional, a Universidade de San Carlos de Guatemala.

Universidades

[editar | editar a fonte]

Universidades nacionais

[editar | editar a fonte]

Universidades privadas

[editar | editar a fonte]
  • UFM Universidade Francisco Marroquin.
  • UGA Universidade Galileo.
  • URL Universidade Rafael Landivar.
  • USM Universidade Salesiana Mesoamericana.
  • UMG Universidade Mariano Gálvez de Guatemala.
  • UVG Universidade do Val de Guatemala.
  • UNIS Universidade dol Istmo.
  • IFES Instituto Feminino de estudos superiores.
  • KINAL Escola Técnica Superior.
  • TECM Tecnolóxico de Monterrey Campus Guatemala.
  • UPANA Universidade Panamericana.
  • URG Universidade Rural de Guatemala.
  • ADEN Aden University Guatemala.
  • LEA Loyola escola de negocios para as Américas.
  • AIU Atlantic International University Campus Guatemala.
  • UC Universidade Católica de Guatemala Campus Guatemala.
  • TU Tulane University Represented in Guatemala By UFM Bussines School.
  • UP Universidade Popular.
  • AIU Atlantic International University Campus Guatemala.
  • PU Preston University Campus Guatemala.
Oficina Nacional de Correos, Guatemala (1979).

A cidade está dividida en 25 zonas, o cal fai moi sinxelo atopar direccións, plano urbanístico deseñado polo enxeñeiro Raúl Aguilar Batres. Guatemala ten unha estrutura cadrada que se expande en tódalas direccións, o cal é unha característica importante do urbanismo neoclásico de principios do século XX. A cidade posúe moitas avenidas e bulevares amplos e decorados; coma a "Avenida La Reforma", "Vista Hermosa", "Los Próceres" entre outros. O seu trazado vello e a súa situación (un val arrodeado de fondos barrancos) fai que as vías de acceso principais sexan poucas, o cal causa unha severa conxestión de tráfico, ao igual que o desenvolvemento doutras áreas antes tomadas coma marxinais coma a Ruta ao Atlántico entre Zona 17 e 18, zona que demostrou un especial poder comercial nestes últimos anos, comparado co da estrada ao Salvador.

O centro da cidade de Guatemala está actualmente nun período de decadencia onde se concentrou poboación inmigrante proveniente de Asia, África, outra partes de Centroamérica e o Caribe principalmente nos arredores do casco histórico da cidade, no entanto a concentración dos centros económicos e financeiros que albergan oficinas internacionais estendeuse cara ao sur da capital guatemalteca podéndose atopar o desenvolvemento da metrópole nas zonas 4, 5, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 15. Nas devanditas zonas atópanse grandes edificios destinados a oficinas financeiras; as fábricas da cidade concéntranse na súa maioría na zona 12, sendo esta a máis contaminada da cidade, porén novos proxectos urbanísticos colocaron ás contaminantes fábricas nas proximidades das estradas cara ao Pacífico e ao Atlántico, e o que será o gran proxecto do anel metropolitano.

Grandes áreas comerciais constrúense en distintos puntos da capital. Con todo, cabe destacar o complexo urbanístico do Parque Comercial Las Majadas, que agrupa a área comercial máis grande do país xa que nel se atopan 15 centros comerciais, entre eles o Centro Comercial Miraflores e o Hipermercado Hiper Paiz, que rexistra as maiores vendas por metro cadrado de Guatemala.

A cidade ofrece unha das carteiras de diversión máis grandes do país enfocadas na denominada zona viva e calzada Roosevelt, así coma en catro graos norte. A cidade ten unha cultura de aceptación á cultura homosexual, polo que é notorio atopar o turismo adicado a este grupo social, así coma varios restaurantes e festas nos principais hoteis da capital guatemalteca. A actividade de casinos é grande e posúe varios sitos en distintos puntos da zona viva, malia que este mercado está aínda en fase de iniciación.

Sistema de transporte

[editar | editar a fonte]

O servizo de transporte está constituído principalmente polo servizo de buses urbanos. Existen 336 rutas e na súa maioría os buses están en mal estado e cobran unha tarifa bastante económica dun quetzal (uns 13 centavos de dólar). Así e todo, cabe destacar a importancia da única liña de transporte semimasivo denominada "transmetro" que sae da central da zona 12 até o centro cívico da capital, aínda que está en proxecto a implementación de 12 novas rutas do citado sistema de transporte.

Tamén na cidade se atopa o Aeroporto Internacional La Aurora, sito en medio da cidade e cunha rede de 295 voos internacionais diarios ás principais cidades de América e Europa mediante 17 liñas aéreas. Tamén ten 123 voos nacionais diarios cara ás principais cidades do país.

Subdesenvolvemento e contraste social

[editar | editar a fonte]

Guatemala é un país en vías de desenvolvemento, pero na capital guatemalteca fai contraste o subdesenvolvemento que atravesa o país coa riqueza dalgúns sectores, tal é o caso que a Cidade de Guatemala é unha das máis desiguais de América Latina.

Principais divisións da cidade

[editar | editar a fonte]
  • O centro histórico.

Esténdese polas denominadas zonas 1, 2 e 3 e agrupa a inmigrantes e indixentes. É común atopar nesta área hoteis de 2 e 3 estrelas e predominan no ambiente os "mochileiros" europeos e norteamericanos. A actividade económica é principalmente o comercio informal, existindo varios comercios que son administrados na súa maioría por inmigrantes asiáticos e árabes. Debido a que o casco vello da capital está declarado Patrimonio Nacional, está comunmente dominado por casas vellas e edificios de pouca altura que en ocasións corren risco de caeren.

  • Centro cívico.

É unha área sita dentro das zonas 1 e 4 que alberga ás oficinas do Goberno; entre os principais edificios distínguese a Central do Ferrocarril, o Centro Cultural Miguel Ángel Asturias, a Municipalidade de Guatemala, o Banco de Guatemala, o Crédito Hipotecario Nacional, o Ministerio Público, o Ministerio de Finanzas Publicas, a Torre de Tribunais e o Palacio de Xustiza. A ponte Café do ferrocarril serve de división entre o Distrito Cultural, Catro Graos Norte e o Centro cívico.

  • Catro Graos Norte.

É unha iniciativa do Instituto Guatemalteco Americano para desenvolver a cultura da cidade dando paso á apertura de teatros (Teatro do IGA, da Industria e Casa da Aguia) o complexo consta de varias rúas peonís empedradas onde se sitúan restaurantes de alta cociña e centros culturais coma o IGA, Casa da Aguia e Artemis Edinter. Non obstante, dado a súa situación converteuse nun punto de apertura de discotecas, bares e clubs nocturnos, entre os que sobresae Genetic Majestic Club e L'Club, un destinado a homes con tendencias homosexuais e o outro a homes solteiros. No entanto, a ampla gama de lugares que se ofrece converteu a Catro Graos Norte nun punto de reunión para tódalas idades, gustos e tendencias.

  • Zona Viva.

É unha área reservada á distracción e á diversión que se sitúa dentro da denominada zona 10 e onde poden atoparse unha ampla gama de restaurantes, bares e clubs nocturnos, así coma discotecas e grandes hoteis e casinos. É a área de recreación nocturna máis importante do país. Entre os principais lugares da zona atópanse Soho, Gabbana, Kaluha etc.

  • Área Comercial Las Majadas.

Sito nas zonas 11 e 7 da cidade, é o complexo comercial máis amplo de Guatemala; contempla no seu interior 15 centros comerciais e hipermercados así coma hoteis de 5 estrelas, sobresaíndo o Grand Tikal Futura Hotel, antes Hyatt Guatemala. Entre os principais centros comerciais atópanse Galerías Primma, Galerías Miraflores, Vía Majadas etc.

  • Distrito Financeiro.

Trátase dun complexo de edificios comerciais de mediana altura adicados ás finanzas e aos negocios que abarca as zonas 4, 5, 9, 10, 11, 13, 14 e 15, estando os principais edificios sitúanse nas proximidades das principais avenidas e bulevares. Neste sector traballan preto do 45% dos habitantes da cidade e sitúanse tamén as embaixadas dos diversos países cos que Guatemala mantén relacións diplomáticas.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

(Faltan referencias).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]