Ciencioloxía
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
A ciencioloxía é un sistema de crenzas, ensinanzas e rituais, orixinariamente establecidas como unha filosofía secular en 1952 polo escritor de ciencia ficción L. Ron Hubbard, quen en 1953 reformulou a ciencioloxía nunha filosofía relixiosa aplicada.
Características
[editar | editar a fonte]Está principalmente representada pola Igrexa da Ciencioloxía, aínda que existen grupos disidentes coñecidos como Zona Libre, e baséase no libro de Hubbart, Dianetics: The Modern Science of Mental Health (1950), considerada relixión nalgúns países e seita noutros.
As crenzas centrais da ciencioloxía son que cada persoa é un ser espiritual inmortal que posúe unha mente e un corpo, e que as persoas son basicamente boas. Para acadar a salvación definitiva hai que levar unha vida de mellora espiritual.
Para a ciencioloxía hai tres compoñentes básicos interrelacionados, que son o fundamento do benestar: afinidade, realidade e comunicación, o que Hubbard chamou o triángulo ARC.