Saltar ao contido

Edmontosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edmontosaurus
Rango fósil: Cretáceo Superior
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Ornithopoda
(sen clasif.): Iguanodontia
Superfamilia: Hadrosauroidea
Familia: Hadrosauridae
Subfamilia: Saurolophinae
Tribo: Edmontosaurini
Xénero: ''Edmontosaurus''
Lambe, 1917
Especie tipo
''Edmontosaurus regalis''
Lambe, 1917
Outras especies
Sinonimia

Edmontosaurus ("lagarto de Edmonton") é un xénero extinto coñecido por dúas especies de dinosauros ornitópodos hadrosáuridos, que viviron a finais do período Cretáceo, hai aproximadamente 73 e 66 millóns de anos, entre o Campaniano e o Maastrichtiano, no que hoxe é América do Norte. Edmontosaurus é un dos máis grandes entre os hadrosáuridos, chegando a medir arredor de 13 metros de longo e a pesar 4 toneladas. Contén dúas especies coñecidas, Edmontosaurus regalis e Edmontosaurus annectens. Atopáronse fósiles de E. regalis en rochas do oeste de América do Norte que datan de fins do Campaniano hai 73 millóns de anos, mentres que as de E. annectens atopáronse na mesma rexión xeográfica, pero en rochas que datan de finais do Maastrichtiano, hai 66 millóns de anos. Edmontosaurus foi un dos últimos dinosauros non aviarios, e viviu xunto a dinosauros como Triceratops, Tyrannosaurus e Pachycephalosaurus pouco antes da extinción masiva do Cretáceo-Paleóxeno.