Saltar ao contido

Eduard Punset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduard Punset

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Eduard Punset i Casals Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado

25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado

6 de xullo de 1987 – 24 de xullo de 1989

Circunscrición electoral: España
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de novembro de 1982 – 5 de decembro de 1983 – Joaquim Ferrer i Roca (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
15 de setembro de 1982 – 12 de novembro de 1982 (renuncia)

Circunscrición electoral: Barcelona

Europar Komunitateekin Harremanetarako Ministerioa
8 de setembro de 1980 – 26 de febreiro de 1981
← Leopoldo Calvo Sotelo BusteloSupresión do cargo →
Deputado do Parlamento de Cataluña
10 de abril de 1980 – 15 de setembro de 1982 (renuncia)

Circunscrición electoral: Barcelona

Minister of Economy and Finance (en) Traducir
5 de xaneiro de 1980 – 24 de abril de 1980
← Joan Josep Folchi (pt) TraducirRamón Trías Fargas (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Provisional government of Catalonia (en) Traducir

Nomeado por: Josep Tarradellas
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Londres
Universidade Complutense de Madrid
North Hollywood High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito, Q113958160 Traducir e economía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estrasburgo
Madrid
Bruxelas
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario, escritor, político, avogado, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático
Centro Democrático y Social Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosElsa Punset, Carolina Punset Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webeduardpunset.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2118357 Facebook: eduardpunset Twitter: epunset BNE: XX1060537 Dialnet: 62589 Editar o valor en Wikidata

Eduard Punset i Casals, nado en Barcelona o 9 de novembro de 1936[1] e finado ibídem o 22 de maio de 2019,[2] foi un avogado, político, economista e divulgador científico catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e cun máster en Ciencias Económicas pola Universidade de Londres, foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití. Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, Profesor Conselleiro de Márketing Internacional na ESADE (Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas), presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), Presidente de Enher, Subdirector Xeral de Estudos Económicos e Financeiros do Banco Hispanoamericano, e Coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña.

Foi autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social. Foi profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (Universidade Ramon Llull), director e presentador do programa de divulgación científica Redes en TVE desde 1996 e presidente da produtora audiovisual Smartplanet.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Trala morte de Franco, comezou a súa participación política con Centristes de Catalunya. Participou na implantación do Estado das autonomías como conselleiro de finanzas da Generalitat en 1978 e pouco despois, entre setembro de 1980 e febreiro de 1981, tivo un destacado papel na apertura de España ó exterior como Ministro de Relacións para as Comunidades Europea no goberno de Adolfo Suárez[3][4] e trala incorporación de España á Unión Europea, foi elixido eurodeputado en 1987 e en 1989 polo CDS, e seguiuno sendo até 1994.[3]

Como Presidente da delegación do Parlamento Europeo para Polonia tutelou parte do proceso de transformación económica dos países do leste despois da caída do Muro de Berlín.

En 1991, creou un partido propio, Foro, co que se chegou a presentar ás eleccións europeas de 1994, sen éxito, e o partido disolveuse en 1995 e Punset abandonou a política. Nos seus últimos anos, apareceu en varios actos de Junts per Catalunya.[4]

Críticas

[editar | editar a fonte]

Aínda que conseguiu numerosos premios polo labor divulgador, tamén ten colleitado numerosas críticas.[5][6][7]

O carisma do divulgador favoreceu, en ocasións, ser tomado por un científico a pesar de que a súa formación universitaria era en ciencias xurídicas e non nos campos científicos nos que realizaba o traballo de divulgador.[8][9]

Tamén o contido de varios dos seus libros foi colocado en paralelismo ao doutro coñecido gurú espiritualista como Deepak Chopra. Este é un persoeiro controvertido que emprega conceptos propios da mecánica cuántica no que ten denominado como "Medicina cuántica". Deepak foi deosado publicamente por físicos especialistas na mecánica cuántica polo lucrativo e incorrecto uso que fai desta materia nos seus libros de autoaxuda. E, Punset, no capítulo VII do libro "Cara a cara con la vida, la mente y el Universo", amosa interese polas teorías de Chopra.

Finalmente, Punset tamén foi criticado polo seu achegamento á pseudociencia, o uso frecuentemente incorrecto de termos científicos e, en xeral, por unha visión lixeira e pouco rigorosa da ciencia. O título dos seus libros (Viaje al optimismo, Viaje a las emociones, El viaje al poder de la mente ou El alma está en el cerebro) inclina a pensar a proximidade do autor ao mesmo xénero da autoaxuda; tese confirmada no seu "Apoio psicolóxico online" facilitado pola páxina da súa fundación,[10][11], así como a súa presenza en calidade de invitado en diferentes feiras que promoven a espiritualidade, a pseudociencia e as terapias alternativas.[12]

  • Premio Ciudad de Alcalá de las Artes y las Letras 2012.
  • Revista Foreign Policy (2012) como un de "Los 10 intelectuales más influyentes de Iberoamérica 2012".
  • Premio Creu de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya (2011).[13][14]
  • Doutor Honoris Causa pola Universitat de les Illes Balears (2010), a proposta da Escola Politécnica Superior da institución..
  • Premio no "FesTVal" de Vitoria, ao Espacio máis interesante: "Redes" emitido en TVE 2 (2010)
  • Premio Humano concedido por TVE no marco dos Premios Zapping (2009).Concesión por mor da "súa virtude de facernos entender os misterios da vida e os avances técnicos dunha forma atractiva e fácil. Grazas aos seus programas sabemos como ser un pouco máis felices o entender por que somos como somos. aos seus dotes de gran comunicador científico hai que engadir a súa calidade humana".
  • Premio de la Asociación Profesional Española de Informadores de prensa, radio y televisión: APEI-Catalunya (2008), concedido a Eduard Punset na categoría de Entrañables.
  • Premio Hombre GQ del Año al Mejor Escritor a Eduard Punset (2008).
  • "Mención de honor" da Sociedade Española de Neuroloxía (2008).
  • Premio Manel Xifra i Boada (2008). Outorgado polo Col·legi d'Enginyers Tècnics Industrials de Girona o premio á transmisión do coñecemento técnico e tecnolóxico en recoñecemento da súa actividade como divulgador da ciencia e da tecnoloxía.
  • Premio de Ciencia y Tecnología (2008), outorgado pola AEEPP, Asociación Española de Editoriales de Publicacións Periódicas.
  • Galardón da Psicoloxía (2007). Outorgado polo Colexio Oficial de Psicólogos da Rexión de Murcio polo seu interese e achegas científicas ó desenvolvemento da psicoloxía, así como pola difusión que realiza a través do programa Redes.
  • Premio de Periodismo Rey Jaime I (2007), concedido no VII Congreso de periodismo dixital de Huesca.
  • Premio Airtel de Periodismo (2002), da Fundación Vodafone a Eduard Punset pola súa traxectoria.
  • Premio de la Asociación Española de Científicos (2001), en recoñecemento ao seu labor no campo da investigación científica e no desenvolvemento tecnolóxico.
  1. Punset, Eduard (09-11-2017). "¿Por qué me tengo que callar?". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  2. Rey, Manuel (22 de maio de 2019). GCiencia, ed. "Morre Eduard Punset, o home de letras que divulgou a ciencia". Consultado o 22 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Eduard Punset, el hijo de un médico rural que estudió y trabajó en Londres antes de ser nombrado ministro de Suárez". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  4. 4,0 4,1 "Muere Eduard Punset a los 82 años". lavanguardia.com (en castelán). 22-5-2019. Consultado o 22-5-2019. 
  5. Rey, Nico (13-6-2010). "Punset tiene truco". elmundo.es (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  6. Martínez Ron, Antonio (25-1-2014). "Hay vida más allá de Punset". eldiario.es (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  7. Gámez, Luis Alfonso (29-5-2013). "“Fiarse de Punset en ciencia es como tener de referente musical a un sordomudo que no sabe de solfeo”". magonia.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019. [Ligazón morta]
  8. MJS (26-5-2010). "Punset y los problemas de la divulgación". charlatanes.blogspot.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  9. Artime Menéndez, Miguel A. (9-5-2011). "Carlos Elías opina sobre Punset, ciencia y televisión". naukas.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019. 
  10. "Apoyo psicológico online". eduardpunset.es (en castelán). (Arquivado dende o orxinal). 21-4-2012. Archived from the original on 21-04-2012. Consultado o 22-5-2019. 
  11. "Actualidad". fundacionpunset.org (en castelán). 18-4-2012. Archived from the original on 18-04-2012. Consultado o 22-5-2019. 
  12. Gámez, Luis Alfonso (4-10-2013). "Punset será la estrella de una feria de promoción de la pseudociencia, la magia y las terapias alternativas". magonia.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019. [Ligazón morta]
  13. "sala de premsa". Arquivado dende o orixinal o 05-06-2019. Consultado o 22-5-2019. 
  14. "Mor el divulgador científic Eduard Punset als 82 anys". ara.cat (en catalán). 22-5-2019. Consultado o 22-5-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]