Entre nós
Aparencia
Entre nós | |
---|---|
Duración | 60 minutos |
Presentado por | Pemón Bouzas (1985-1988), Xosé Ramón Gayoso (1985), Eva Veiga (1987-1988), Xosé Manuel Maseda (1988), Moncho Lemos (1988), Magali Fagilde (1988) |
Día(s) de emisión | luns a venres |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 9 de setembro de 1985 |
Na rede
| |
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/12#12 |
Entre nós foi un programa informativo e de entretemento da Televisión de Galicia de emisión diaria e unha hora de duración. Comezou a emitirse o 9 de setembro de 1985 presentado por Xosé Ramón Gayoso, Eva Veiga e Pemón Bouzas.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A partir de 1986 forma parte dos Servizos Informativos, modificando o xeito de enfocar as novas e engadiu unha unidade móbil para informar desde o terreo.