Saltar ao contido

Eugenio González de Haz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste) ou Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste).
Modelo:BiografíaEugenio González de Haz
Biografía
Nacemento28 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa (Pepita) Vizcaíno Coloma Editar o valor en Wikidata
FillosEugenio González de Haz y Vizcaíno Editar o valor en Wikidata

Eugenio González de Haz, nado en Vigo o 28 de maio de 1904 e finado o 1 de febreiro de 1999, foi un empresario da radio e o cinema galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Eugenio e Carmen, quedou orfo de nai cando tiña uns meses de idade. Criouno a súa madriña, Joaquina Quiroga. Estudou no Colexio Cluny e no Colexio do Pilar. En 1939 mercou a Santiago Montenegro e Emilio Torrado a emisora EAJ 48 Radio Vigo. Ese mesmo ano casou con Pepita Vizcaíno Coloma. Durante un tempo foi propietario tamén do Diario de Pontevedra e do semanario deportivo Meta. En setembro de 1957 Radio Vigo integrouse na Cadena SER. En 1973 cedeu a dirección da emisora ao seu fillo Eugenio González de Haz y Vizcaíno.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Medalla de Ouro de Vigo.
  • Medalla de Prata de Vigo.
  • O Concello dedicoulle os Xardins diante da Comandancia de Marina na zona do Areal de Vigo.
  1. Torres Carbajo, Fernando (24/7/2015). "Eugenio González de Haz, pionero de la radiodifusión" vigoe.es

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]