Eva Lootz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Viena, Austria |
Actividade | |
Ocupación | escultora, artista visual |
Páxina web | evalootz.net |
Eva Lootz, nada en Viena en 1940, é unha artista plástica austríaca nacionalizada española[1] residente en España desde 1967.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En Austria, Lootz cursa estudos de Belas Artes, Filosofía, Musicoloxía e licénciase en Dirección de Cinema e Televisión. Con todo, a súa traxectoria artística desenvolveuse principalmente en España. Vive e traballa en Madrid desde 1965.
Máis coñecida polas súas esculturas, Lootz traballou con diferentes linguaxes artísticas como a instalación, o debuxo, o gravado, a fotografía e o vídeo. A súa obra, polo xeral instalacións, adoita interpretarse como unha reflexión sobre a intervención humana na natureza. Traballa con materiais como o mercurio, o carbón, a area ou a madeira cos que constrúe un discurso ao redor da memoria, ao tempo e aos problemas esenciais do ser humano.[3]
Eva Lootz recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1994,5e a súa obra pode atoparse hoxe en prestixiosas coleccións, privadas e públicas. Foi profesora na Facultade de Belas Artes de Cuenca no seu primeiros oito anos de andaina e impartiu cursos e conferencias en Facultades de Belas Artes de España, Suecia e Estados Unidos.[4]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Artes Plásticas 1994.[5]
- Premio Arte e Mecenazgo 2013.[6]
- Premio Tomás Francisco Prieto de Medallística 2009.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resolución de 14 de enero de 1982, de la Dirección General de los Registros y del Notariado, por la que, en cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 223 del Reglamento del Registro Civil, se acuerda publicar la relación de concesiones y aprobaciones de nacionalidad durante el segundo semestre de 1981." (PDF).
- ↑ "Lo visible es un metal inestable | árdora ediciones". Consultado o 2023-05-11.
- ↑ EXPRESSAN (2017-07-06). "Eva Lootz. Escultura de Procesos.". EXPRESSAN (en castelán). Consultado o 2024-08-20.
- ↑ "Eva Lootz - Biografía | ARTIUM - Biblioteca y Centro de Documentación". catalogo.artium.eus. Consultado o 2024-08-20.
- ↑ "Eva Lootz, Premio Nacional de Artes Plásticas 1994". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 1994. Consultado o 11 de xuño de 2023.
- ↑ "Premios Arte y Mecenazgo". caixaforum.com (en castelán). 2013. Consultado o 11 de xuño de 2023.
- ↑ Redacción (19 de outubro de 2009). "Eva lootz gana el premio tomás francisco prieto 2009 de la casa de la moneda". elEconomista.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2023. Consultado o 11 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eva Lootz |