Falcón da raíña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Falcón da raíña | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Falcón da raíña | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Falco eleonorae Gene, 1839 |
O falcón da raíña[Cómpre referencia] (Falco eleonorae) é unha especie de ave de rapina da orde das falconiformes.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Semellante ó falcón pequeno, mais un pouco maior. En terra as ás chéganlle ó extremo da cola. Presenta dúas fases de plumaxe completamente diferentes. Unha de cor acastañada, case negra, e peteiro gris. A outra, a plumaxe presenta o dorso marrón, ventre claro e patas con plumaxe alaranxado. Macho e femia son iguais, agás no tamaño, sendo maior a femia.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Forman colonias de ata 50 parellas en acantilados ou paredes rochosas. Tamén no chan, naqueles illotes que estean despoboados. A posta consta de 2/3 ovos, realizándose en xullo.
Nutrición
[editar | editar a fonte]No verán depreda sobre todo aves migratorias, as que caza en voo, especialmente rulas, reiseñores, carrizas ou picanzos. No inverno é practicamente insectívora, alimentándose de chicharras, lagostas e coleópteros.
Distribución
[editar | editar a fonte]Illas Canarias orientais, Costa do Oeste marroquí, nordeste de Alxeria e Tunisia. Tamén presente en todas as illas do Mediterráneo. Realizan unha das migracións máis longas no reino animal. En outubro, cando os xuvenís son autónomos, viaxan ata Madagascar e illas veciñas, bordeando toda a costa oriental africana. Permanecen alí ata abril, no que tornan ós seus cuarteis de verán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Falco eleonorae". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |