Federación Internacional da Industria Fonográfica
Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, do inglés International Federation of the Phonographic Industry) é a organización que representa os intereses da industria da gravación por todo o mundo. É unha organización sen animos de lucro por parte dos seus membros rexistrada en Suíza. A súa secretaría está situada en Londres, Reino Unido. Representa a máis de 1.450 compañías de rexistro, grandes e pequenas, en 75 países. Unha das súas políticas máis importantes é acabar coa piratería musical.
Ademais da súa secretaría internacional, a IFPI ten oficinas rexionais en Bruxelas, Hong-Kong, Miami, Atenas e Moscova[1].
Desde o 1 de xaneiro de 2005, o presidente da IFPI é John Kennedy, substituíndo a Jay Berman.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A IFPI foi fundada polas principais discográficas de Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido durante un congreso da industria discográfica en Roma, o 14 de novembro de 1933, invitados pola Confederazione Generale Fascista dell'Industria Italiana.[3] e rexistrou a súa primeira oficina en Zürich, Suíza[4] Un dos seus principais obxectivos foi promover os dereitos conexos para que os creadores debesen compartir a propiedade intelectual das súas obras cos produtores musicais.
Incidentes con The Pirate Bay
[editar | editar a fonte]En outubro de 2007 ifpi.com, un dos dominios da IFPI caducou. O dominio foi transferido a The Pirate Bay por un doador anónimo.[5] Os administradores de The Pirate Bay montaron unha web en ifpi.com titulada "International Federation of Pirates Interests", un retroacrónimo para IFPI. A propiedade do dominio foi devolta á IFPI a finais de novembro, cando o consello de mediación da OMPI decidiu que The Pirate Bay estaba a utilizar unha marca rexistrada da IFPI de mala fe.[6]
Nun incidente posterior, o 18 de febreiro de 2009, ifpi.se, o dominio da división sueca da IFPI foi hackeado por simpatizantes de The Pirate Bay. Isto ocorreu o terceiro día do xuízo aos fundadores de The Pirate Bay en Suecia. O sitio foi substituído por unha mensaxe dirixida ao fiscal Håkan Roswall e á acusación ("Warner Brothers etc"). Estaba asinado como "The New Generation".[7] Peter Sunde, portavoz de The Pirate Bay pediu a través de Twitter que cesasen os ataques.[8]
O 19 de abril de 2009, trala sentenza en contra de The Pirate Bay, os dominios ifpi.org e ifpi.se forón suxeitos dun ataque DDoS.[9]
Incidente con OiNK.cd
[editar | editar a fonte]O 23 de outubro de 2007, OiNK.cd, unha web de descargas por BitTorrent foi pechada. A web mostraba unha mensaxe sobre unha investigación levada a cabo pola IFPI, BPI, a policía de Cleveland, e o FIOD ECD sobre "sospeitas de distribución ilegal de música".[10]
A IFPI publicou unha nota de prensa[11] afirmando que a web era "a principal fonte de música pre-release ilegal do mundo"; que o seu administrador conseguiu grandes sumas de diñeiro mediante doazóns e que os usuarios debían contribuír con material para manter as súas contas. Con todo, ningunha destas afirmacións foi probada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IFPI Offices Worldwide". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ IFPI (13-09-2004). "John Kennedy to succeed Jay Berman as Chairman and CEO of IFPI" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-05-2008. Consultado o 21/01/2013.
- ↑ Simon Frith; Le Marshall. Music and copyright (en inglés). p. 76. ISBN 0748618139.
- ↑ "Introduction of the RIT (IFPI Taiwan)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21/05/2009. Consultado o 21/01/2013.
- ↑ Ernesto (12-10-2007). TorrentFreak, ed. "Anti-Piracy Organization Domain IFPI.com Now Owned by The Pirate Bay" (en inglés). Consultado o 10-05-2009.
- ↑ "WIPO Arbitration and Mediation Center Administrative Panel Decision: IFPI Secretariat, IFPI International Federation of the Phonographic Industry v. Peter Kopimi Sunde aka Brokep (Case Non. D2007-1328)" (en inglés). 19-11-2007. Consultado o 10-05-2009.
- ↑ "Captura de pantalla da mensaxe traducida ao inglés, orixinal en sueco" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ Peter Sunde (19-02-2009). "We’re winning, stop hacking plz" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18-03-2009. Consultado o 21-01-2013.
- ↑ John Leyden (20-04-2009). "Music industry sites DDoSed after Pirate Bay verdict" (en inglés). Consultado o 21/01/2013.
- ↑ Nigel Burton (14-10-2007). The Northern Boto, ed. "Police release suspect in illegal music download investigation" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-04-2008. Consultado o 10-04-2008.
- ↑ IFPI (23-10-2007). "British and Dutch police raids shut down the world's largest pre-release pirate music site" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11-02-2013. Consultado o 21-04-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- What is IFPI? Arquivado 05 de novembro de 2006 en Wayback Machine. (IFPI.org, inglés)
- Promusicae (grupo da IFPI en España)
- Deutsche Landesgruppe der IFPI e. V.
- Österreichische Landesgruppe der IFPI
- Schweizer Landesgruppe der IFPI