Fundación Calouste Gulbenkian
Fundación Calouste Gulbenkian | |
---|---|
Tipo | fundación e organización educativa |
Campo de traballo | artes escénicas |
Data de fundación | 1956 |
Fundador(es) | Calouste Gulbenkian |
Organización subsidiaria | Museu Calouste Gulbenkian, Biblioteca de Arte da Fundação Calouste Gulbenkian e Calouste Gulbenkian Foundation UK Branch |
Premios | Grã-Cruz da Ordem do Mérito, Membro-Honorário da Ordem do Infante Dom Henrique, Membro-Honorário da Ordem da Liberdade e Membro-Honorário da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada |
Sede | Edifício-sede e parque da Fundação Calouste Gulbenkian |
En | Lisboa |
País | Portugal |
38°44′14″N 9°09′15″O / 38.73722, -9.15417 | |
Na rede | |
https://gulbenkian.pt | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación Calouste Gulbenkian (en portugués, Fundação Calouste Gulbenkian) é unha institución privada portuguesa de utilidade pública cuxos estatutos teñen como fin promover a arte, a caridade, a educación e a ciencia. A fundación foi creada en 1956[1] coa herdanza de Calouste Gulbenkian, un magnate do petróleo de orixe armenia, e a súa sede principal atópase en Lisboa. A Fundación dispón de orquestra, compañía de ballet, salas de espectáculos, bibliotecas, un Museo Calouste Gulbenkian (con preto de 6000 pezas) e un Centro Moderno de Arte.
A Fundación
[editar | editar a fonte]Calouste Gulbenkian era ante todo un coleccionista de obxectos que á súa morte (en 1955), legou os seus bens a Portugal en forma dunha fundación, localizada na súa antiga residencia de Lisboa. As grandes instalacións, abertas en 1969, na parte norte do parque de Eduardo VII,[2] abranguen a sede mesma e o Museo Calouste Gulbenkian, e foron deseñadas por Ruy Athouguia, Pedro Cid, e Alberto Pessoa. Ademais das áreas ocupadas polos varios departamentos da Fundación, as instalacións inclúen un grande auditorio, un espazo para exposicións temporais, unha área de congresos con auditorios e outras dependencias, así como un grande edificio que alberga o Museo Calouste Gulbenkian e a Biblioteca de arte. O complexo enteiro está situado no parque Gulbenkian, deseñado por Ribeiro Telles.
En 1983 abriuse nun dos extremos do parque o «Centro Moderno de Arte José de Azeredo Perdigãou» (CAMJAP) (en homenaxe ao primeiro Presidente da Fundación), que consiste nun museo e nun centro educativo. O Instituto Gulbenkian de Ciência está situado nun multi-edificio situado en Oeiras (proximidades de Lisboa), próximo ao Palacio do marqués de Pombal. A Fundación de Calouste Gulbenkian tamén ten unha delegación no Reino Unido e un centro en París[1] (o Centro Cultural de Calouste Gulbenkian).
No museo poden verse pezas de vaixela, xoias, útiles de escritura, de orixes diversas, reunidos sen unha aparente coherencia. O criterio pronto se presenta non como unha cuestión de homoxeneidade ou de predilección, senón como unha vontade de converter o parcial, o precario desde o punto de vista da extenuación dunha orde ou dun xénero, no centro mesmo da colección. Os exemplares das xoias de René Lalique, son unha boa metáfora da precariedade na que se fortalece a maior das ordes.
Dende 2010, tanto o edificio da fundación coma os xardíns, foron catalogados como Monumento Natural.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Fundación Calouste Gulbenkian". turismo.org. Consultado o 11-04-2018.
- ↑ Hancock, Matthew (2003). The Rough Guide to Lisbon (3ª ed.). London: Rough Guides. p. 95. ISBN 1-85828-906-8.
- ↑ "Fundación Calouste Gulbenkian, Lisboa". turismoenportugal.org. Consultado o 11-04-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fundación Calouste Gulbenkian |