Gal (unidade)
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Gal é o nome asignado á unidade de aceleración no sistema cexesimal de unidades (CGS). Vén definida como un centímetro por segundo ó cadrado (1 cm/s²). O seu símbolo é gal. O seu nome foi posto en honra de Galileo Galilei, quen primeiro mediu a aceleración da gravidade terrestre.
A súa equivalencia coa unidade do normativo Sistema Internacional de Unidades é: 1 gal = 0,01 m/s². Tamén é usado o miligal: 1 mgal = 10−5 m/s².
Aínda que non é moi usada, por non pertencer ó Sistema Internacional de Unidades, ten un certo prestixio nalgúns campos como a xeofísica ou a xeodesia.
A aceleración gravitacional da Terra varía, na súa superficie, entre 976 e 983 gal.