Gloquidio
Os gloquidios son espiñas foliares delgadas, xeralmente pouco visíbeis, que posúen ao seu longo numerosas barbas retrorsas, é dicir, dirixidas cara á base do órgano en que están inseridas,[1] e son deciduas, que se encontran nas aréolas dos cactos opuntioideos (do xénero Opuntia e similares).[2]
Características
[editar | editar a fonte]Trátase de tricomas unicelulares con pequenas pugas apicais retrorsas, que penetran facilmente nun corpo alleo (por exemplo, un dedo humano), pero que sae del con dificultade a causa desas pugas.[2]
Están constituídos por substacia periplasmódica.[3]
Conviven coas típicas espiñas foliares das cactáceas na mesma planta, que son máis grandes e están inseridas máis firmemente á areóla e non teñen barbas.
Os gloquidios dos cactos despréndense facilmente da planta, e péganse á pel de quen os toca, causando irritación ao contacto cos penachos que cobren algunhas especies. Cada penacho pode conter centos deles.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo é unha adaptación do latín científico glochidium, tirado da forma diminutiva do grego antigo γλωχίς glōchís "punta de frecha", "punta de tridente".[2]
Outros gloquidios
[editar | editar a fonte]Tamén reciben o nome de gloquidios os apéndices aciculares semellantes aos tricomas anteditos, que se encontran en numerosas micrósporas dalgunhas salviniáceas e que facititan a unión das micrósporas, así como aos acúleos das costelas de certos froitos das umbelíferas.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Font Quer 1993, p. 944.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Font Quer 1993, p. 530.
- ↑ Strasburger 1994, p. 724.
- ↑ Strasburger 1994, pp. 724-725.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gloquidio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.
- Simpson, M. (2010): Plant Systematics. Cambridge, Massachusetts: Elsevier Academic Press. ISBN 978-0-0809-2208-9, Cap. 9 "Plant morphology", p. 359.
- Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-0979-0.