Gulosus
Gulosus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies e subespecies | |||||||||||||
|
Gulosus é un xénero de aves da orde dos suliformes e familia dos falacrocorácidos.
Na actualidade recoñécese no xénero unha soa especies vivente, o Gulosus aristotelis, ou corvo mariño cristado.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O corvo mariño cristado foi durante máis de dous séculos integrado no xénero Phalacrocorax, e canda o outro corvo mariño galego e outras especies, pero un estudo de 2014 atopou que a súa xenética era máis semellante aos xéneros Nannopterum e Leucocarbo do que ás especies que se agrupaban no resto do Phalacrocorax e no Urile; xaquelogo propúxose un novo xénero, Gulosus, do que esta especie é a única representante. Este novo xénero comezou a ser aceptado xeralmente en 2021. Estímase que o xénero Gulosus debeu arredarse do conxunto de Nannopterum-Leucocarbo hai uns 9 - 11,2 millóns de anos.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Existen tres subespecies:
- Gulosus aristotelis aristotelis - noroeste de Europa Atlántica, Galicia[1]
- Gulosus aristotelis desmarestii - sur de Europa, suroeste de Asia
- Gulosus aristotelis riggenbachi - noroeste de África
As subespecies distínguense lixeiramente no tamaño e a cor dos exemplares novos. Algunhas evidencias recentes suxiren que os exemplares da costa atlántica do suroeste de Europa son distintos das outras tres subespecies, e poderían constituír unha subespecie nova (Yésou et al., Brit. Birds 98: 369-370, 2005).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MARTÍN, Ignacio (coord.) et al., Aves nidificantes de España. Ediciones Jaguar, S.A., 2004. ISBN 84-95537-80-X.