Hipoteca
Aparencia
A hipoteca é un dereito real. Constitúese en garantía dunha obrigación e, para a súa constitución, require escritura pública e inscrición no rexistro da propiedade.
Características
[editar | editar a fonte]Na relación hipotecaria participan o acredor e o debedor ou un terceiro que hipoteca un ben en garantía dunha obrigación allea. A hipoteca recae xeralmente sobre bens inmobles aínda que está permitida a hipoteca sobre bens mobles (hipoteca mobiliaria). A hipoteca garante o principal da débeda que ampara e os xuros acumulados dende a súa constitución, sempre que se faga constar na escritura de constitución.
Parámetros
[editar | editar a fonte]Unha hipoteca definese empregando 3 parámetros:
- o capital, que é a cantidade de diñeiro prestada. O capital prestado adoita ser menor que o valor do ben hipotecado, de xeito que este poida responder polo capital no caso de non producirse o pagamento.
- o prazo, que é o tempo que tomará a devolución do préstamo. A devolución do préstamo realízase mediante pagamentos periódicos (xeralmente mensuais), ata devolver o capital solicitado máis todos os xuros acumulados durante o tempo que se tarda en devolver o préstamo.
- O xuro, que indica unha porcentaxe extra anual que se debe aboar anualmente en concepto de ganancias.
O tipo de xuro pode á súa vez ser:
- Fixo: mantén o seu valor ao longo de todo o prazo do préstamo.
- Variábel: o seu valor é revisado periodicamente co fin de adaptalo ao estado actual da economía. Xeralmente emprégase algún índice económico como o EURIBOR.