Historia natural
- Para a obra de Plinio o Vello, véxase Naturalis Historiæ.
A definición do termo Historia natural (derivado do latín naturalis historia) é problemática, porque diversas disciplinas abórdana de maneira diferente. Moitas destas concepcións inclúen o estudo dos seres viventes (por exemplo, a bioloxía, incluíndo botánica, zooloxía e ecoloxía); outras concepcións estenden o termo ao campo da paleontoloxía e a bioquímica, así como á xeoloxía, astronomía, e a física.
Concepto
[editar | editar a fonte]O camiño da observación e da descrición sistemática da natureza comeza xa na Antigüidade greco-romana con Teofrasto, Antigonios de Karystos e Plinio o Vello,[1] continuada na Idade Media sobre todo polos árabes e difundida e ampliada no Renacemento europeo.
Máis tarde, moitos científicos traballaron neste campo e a historia natural dividiuse en numerosas especialidades. Pero aínda hoxe moitos considérana unha disciplina paraugas que acubilla a moitas ciencias especializadas.
O termo historia natural comezou a utilizarse en occidente para designar no século XVI os libros que describían os obxectos da natureza.
No século seguinte, e máis aínda no século XVIII, a expresión servía para designar o estudo dos obxectos observábeis, tanto en astronomía, como en botánica, en zooloxía ou en xeoloxía. Nesta época, ao especialista en historia natural denominábase naturalista.
Para moitos científicos, especialmente no mundo de fala inglesa, a historia natural é a investigación científica de plantas e animais, pero inclinándose máis cara ás observacións máis que cara a métodos de estudo experimentais, comprendendo máis publicacións en revistas de información que en publicacións académicas (revistas científicas).[2]
Sociedades de historia natural
[editar | editar a fonte]O termo historia natural forma parte, na actualidade, do nome de moitas asociacións nacionais, rexionais e locais que se encargan do rexistro de mamíferos, aves, réptiles, anfibios, invertebrados, e plantas. Adoitan incluír seccións dedicadas ao rexistro da vida microscópica e a xeoloxía.
Como exemplo podemos citar a Siociedade Galega de Historia Natural, a Sociedade Española de Historia Natural, a London Natural History Society etc.
Tamén forma parte do nome de moitas intitucións, como o Museo de Historia Natural de Londres, o Museo Nacional de Historia Natural (que forma parte do Instituto Smithsoniano) de Washington, ou o Museo Americano de Historia Natural de Nova York (que tamén publica unha revista chamada Natural History) etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase a enciclopedia co título Naturalis Histroriae, publicada ca. 77-79 a.C.
- ↑ Véxase Natural History en [1] (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia natural |