Horace Hayman Wilson
Horace Hayman Wilson, nado en Londres o 26 de setembro de 1786 e finado na mesma cidade o 8 de maio de 1860, foi un historiador, lexicógrafo e numismático orientalista, o primeiro en ocupar a cátedra de Lingua Sánscrita na Universidade de Oxford.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traxectoria
[editar | editar a fonte]Horace Hayman Wilson cursou o seu ensino secundario en Soho Square, no seu Londres natal.[3][4]
En 1804, Wilson comezou os seus estudos de Medicina no Hospital Saint Thomas, de Londres, e en 1805 aprobou o seu ingreso no Colexio de Cirurxiáns.[3][4][5] En 1808 viaxou á India como cirurxián asistente no establecemento de Bengala da Compañía Británica das Indias Orientais. Nesta primeira viaxe, que durou seis meses, iniciou os seus estudos orientais e aprendeu a lingua hindustana.[3] Os seus coñecementos de química e metalurxia levárono nesa época á Casa da Moeda de Calcuta, onde colaborou durante un tempo con John Leyden.[5][6]
Durante moitos anos foi secretario do comité de instrución pública e supervisou os estudos do Sanskrit College de Calcuta.[6] Foi un dos máis firmes opositores á proposta de que o inglés fose o único medio de instrución nas escolas nativas, e durante un tempo foi obxecto de duros ataques.[5]
En 1832, a Universidade de Oxford elixiu a Horace H. Wilson para ocupar por primeira vez a cátedra Boden de Lingua Sánscrita, acabada de crear,[5] polo que residiu nesa cidade entre 1833 e 1836.[6] Wilson publicara un anuncio dunha columna na páxina 3 de The Times do 6 de marzo de 1832, cunha listaxe dos seus logros e das actividades previstas, xunto con testemuños, entre eles o dun candidato rival, sobre a súa idoneidade para o posto. En 1836 foi nomeado bibliotecario da Compañía das Indias Orientais,[5] o que o obrigou a visitar a súa cátedra en Oxford só uns días cada trimestre. Tamén impartiu clases no East India Company College.[7] O 10 de abril de 1834 foi elixido membro da Royal Society de Londres.[6][8]
Por recomendación de Henry Thomas Colebrooke, Wilson foi nomeado o 2 de abril de 1811 secretario da Sociedade Asiática de Bengala, en cuxa revista colaborou con artigos moi relevantes.[6] Foi tamén membro da Sociedade Médica e Física de Calcuta, e membro fundador da Royal Asiatic Society, que dirixiu desde 1837 ata a súa morte.[5][6]
Así mesmo, pertenceu á Royal Numismatic Society, de Londres, da que foi o seu terceiro presidente, entre 1841 e 1843, e posteriormente foi restituído no cargo entre 1845 e 1847.[9]
Wilson casou con Frances Siddons, neta da famosa actriz Sarah Siddons.[6][10]
Horace Hayman Wilson finou o 8 de maio de 1860 aos 73 anos,[5][6][4][11] e foi soterrado no cemiterio de Kensal Green.[12]
Obra
[editar | editar a fonte]Wilson interesouse fondamente pola lingua e a literatura antigas da India e foi o primeiro en traducir o Rigveda ao inglés. En 1814 publicou o texto sánscrito cunha tradución libre en verso rimado inglés do poema lírico de Kālidāsa, o Meghadūta ("Mensaxeiro das nubes").[5][6][14]
Preparou o primeiro dicionario sánscrito-inglés, publicado en 1919, a partir de materiais compilados por eruditos nativos, complementados coas súas propias investigacións, que conta cunha segunda edición aumentada en 1832.[6] Esta obra só foi superada polo Sanskritwörterbuch (1853-1876) de Rudolf Roth e Otto von Böhtlingk, que expresaron o seu recoñecemento cara a Wilson no limiar da súa grande obra.[5]
Wilson interesouse tamén polo Āyurveda e as prácticas médicas e cirúrxicas tradicionais da India. Compilou as prácticas locais observadas para o cólera e a lepra nas súas publicacións na Sociedade Médica e Física de Calcuta.[15][16]
En 1827, Wilson publicou Select Specimens of the Theatre of the Hindus, que contiña un estudo moi completo da dramaturxia india, traducións de seis obras completas e breves recensións doutras vinte e tres. A súa Mackenzie Collection (1828) é un catálogo descritivo da extensa colección de manuscritos e antigüidades orientais, sinaladamente do sur da India, realizada polo coronel Colin Mackenzie, depositada daquela en parte na Oficina da India de Londres —posteriormente parte das Coleccións da Oficina Oriental e da India da Biblioteca Británica— e en parte en Madrás.[5]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe dos traballos monográficos máis salientables publicados por Horace Hayman Wilson ao longo da súa traxectoria:.[17][18]
- (1814). The Mēgha Dūta; or, Cloud messenger [...] by Kālidāsa. Calcuta. [2ª ed. revisada en 1843]
- (1819). A Dictionary, Sanscrit and English. Philip Pereira, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1832]
- (1827). Select Specimens of the Theatre of the Hindus: Vol. 1 - Vol. 2. V. Holcroft, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1835: Vol. 1 - Vol. 2]
- (1827). Documents Illustrative of the Burmese War. Government Gazette Press, Calcuta.
- (1828). Mackenzie Collection: A Descriptive Catalogue of the Oriental Manuscripts (con C. Mackenzie). Asiatic Press, Calcuta. [2ª ed. revisada en 1882]
- (1828). Sketch of the Religious Sects of the Hindus. Asiatic Society, Calcuta [2ª ed. aumentada en 1846]
- (1830). Review of the External Commerce of Bengal from 1813 to 1828.
- (1840). The Vishnu Purána: a system of Hindu mythology and tradition. John Murray, Londres.
- (1841). Travels in the Himalyayan Provinces of Hindustan and the Panjab. Vol. 1 - Vol. 2. John Murray, Londres.
- (1841). Ariana Antiqua: A descriptive account of the antiquities and coins of Afghanistan. W. Hughes, Londres.
- (1841). An Introduction to the Grammar of Sanskrit Language for the Use of Early Students. J. Madden, Londres.
- (1845-1848). The history of British India from 1805–1835. Vol. I (1845) - Vol. II (1846) - Vol. III (1848). J. Madden, Londres.
- (1850-1888). Rig-veda Sanhitá: a collection of ancient Hindu hymns. Vol. 1 (1850), Vol. 2 (1854), Vol. 3 (1857), Vol. 4 (1866), Vol. 5 (1888), Vol. 6 (1888). H. Allen / N. Trübner, Londres.
- (1852). Narrative of the Burmese war, in 1824-26. H. Allen, Londres.
- (1855). A glossary of judicial and revenue terms and of useful words occurring in official documents relating to the administration of the government of British India. H. Allen, Londres.
Edicións póstumas
[editar | editar a fonte]- (1862-1871). Works by the Late Horace Hayman Wilson. Trübner, Londres.
- (1862). Vol. I: Religion of the Hindus (I).
- (1862). Vol. II: Religion of the Hindus (II).
- (1864). Vol. III: Sanskrit Literature (I).
- (1864). Vol. IV: Sanskrit Literature (II).
- (1865). Vol. V: Sanskrit Literature (III).
- (1864). Vol. VI: The Vishnu Purana (I).
- (1865). Vol. VII: The Vishnu Purana (II).
- (1866). Vol. VIII: The Vishnu Purana (III).
- (1868). Vol. IX: The Vishnu Purana (IV).
- (1870). Vol. X: The Vishnu Purana (V).
- (1871). Vol. XI: Theatre of the Hindus (I).
- (1871). Vol. XII: Theatre of the Hindus (II).
- (1960). The Hindu History of Kashmir. Susil Gupta, Calcuta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Horace Hayman Wilson NPG (826)". National Portrait Gallery.
- ↑ "Biography: Horace Hayman Wilson (26 September 1786 – 8 May 1860)". Rare Book Society of India.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 97.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Death of Prof. Wilson, The Orientalist". En The New York Times. 25 de maio de 1860.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 692.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 98.
- ↑ Temple, R. (1882). Men and Events of My Time in India. .John Murray, Londres. Páxina 19.
- ↑ The Record of the Royal Society of London for the promotion of Natural Knowledge (4ª ed.). Royal Society, Londres. 1940.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ Crawford, D. G. (1930). Roll of the India Medical Service. W. Thacker & Co., Londres. Páxina 58.
- ↑ "Proceedings of the Numismatic Society. Session 1858-59". En Numismatic Chronicle. Vol. 20. Páxinas 30-33.
- ↑ "Famous residents". Kensal Green Cementery.
- ↑ "Horace Hayman Wilson (NPG 2748)". National Portrait Gallery.
- ↑ "Megha-Duta". En Truebner & Co. (1872). Linguistic Publications. Páxina 26.
- ↑ Wilson, H. H. (1825). "Kushta, or leprosy, as known to the Hindus". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 1. Páxinas 1-44.
- ↑ Wilson, H. H. (1826). "On the native practice in cholera, with remarks". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 2. Páxinas 282-292
- ↑ Annual Report of the Royal Asiatic Society. 1860.
- ↑ "Horace Hayman Wilson". WorldCat.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chisholm, H. (ed.) (1911). "Wilson, Horace Hayman". En Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxinas 692-693.
- Lee, S. (ed.) (1900). "Wilson, Horace Hayman". En Dictionary of National Biography. Vol. 62. Smith, Elder & Co., Londres. Páxinas 97-99.
- Sirkin, N. P. R. (1965). "Horace Hayman Wilson and Gamesmanship in Indology". En Asian Studies. Páxinas 301-323
Predecesor: Edward Hawkins Lord Albert Conyngham |
Presidente da Royal Numismatic Society 1841-1843 1845-1847 |
Sucesor: Lord Albert Conyngham William Debonaire Haggard |