Jesús Armesto Braña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Lugo, España |
Morte | 1964 (63/64 anos) Manzanillo, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | técnico de son |
Jesús Armesto Braña, nado en Lugo en 1900 e finado en Manzanillo, Cuba, en 1964,[1] foi un técnico de radio galego, pioneiro da radiodifusión en Manzanillo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos emigrou a Cuba, instalándose na oriental cidade de Manzanillo, onde traballou como chofer e fixo un curso de técnico de radio por correspondencia.[2] Durante a crise política e económica da ditadura de Gerardo Machado, propúxose crear un transmisor de radio para a cidade e foi así como naceu a primeira emisora de radio de Manzanillo, a CMKM, xerme do que hoxe é Radio Granma. A intención era inaugurala o 10 de outubro de 1932, dende o Teatro Popular, cun acto polo aniversario da Unión de Choferes de Manzanillo, pero por problemas técnicos non se conseguiu.[2] Finalmente fíxose a primeira transmisión o 24 de novembro de 1932.[3]
Na CMKM iniciáronse moitos artistas que logo serían famosos en toda Cuba,[1] como o cantautor Carlos Puebla, que comezou a súa carreira nesta emisora.[4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira Portuguez, Anderson; Cabrera Nazco, Diamiry; Pérez Escalona, Yulianne (2015). Turismo, Território E Patrimônio Histórico Cultural. Clube de Autores. ISBN 978-85-68066-16-4.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pereira Portuguez, Cabrera Nazco & Pérez Escalona 2015, p. 351.
- ↑ 2,0 2,1 "Radio Granma. ¿Quiénes Somos?". www.radiogranma.icrt.cu (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "La radiodifusión en Manzanillo celebra sus 84 años" (en castelán). 24 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Carlos Puebla: cronista de la Revolución" (en castelán). 4 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019.