Joël Dicker
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1985 (39 anos) Xenebra, Suíza |
Educación | Universidade de Xenebra - dereito (2005–2010) Cours Florent - teatro, Actuación (2003–2005) College Madame de Staël (en) (1989–2003) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista, poeta avogado |
Período de actividade | 2005 - |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parentes | Jacques Dicker, avó paterno |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | joeldicker.com |
Joël Dicker, nado en Xenebra o 16 de xuño de 1985, é un escritor suízo en lingua francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha libreira xenebrina e dun profesor de francés, Joël Dicker estudou en Xenebra, entre outros sitios no colexio Madame de Staël e marchou algúns anos para facer o Cours Florent en París antes de volver a Suíza para estudar Dereito na Universidade de Xenebra, de onde saíu diplomado en 2010.
Aos 10 anos, creou La Gazette des animaux, unha revista sobre a natureza que dirixiu durante sete anos e que lle reportou o Premio Cunéo para a protección da natureza e ser nomeado o «redactor xefe máis novo de Suíza» por La Tribune de Genève.
Joël Dicker escribiu despois os seus primeiros textos. Un primeiro relato curto de trenta páxinas, "Le Tigre", foi destacado en 2005 no marco do Premio internacional de autores novos destinado aos de 15 a 20 anos en Lausanne, e publicado na selección dos premiados nas Edicións de l’Hèbe. En 2010, recibiu o Premio dos escritores xenebrinos pola súa primeira novela Les Derniers Jours de nos pères.
Joël Dicker publicou a súa segunda novela, La Vérité sur l'affaire Harry Quebert en setembro de 2012, e obtivo o Gran premio de novela da Academia francesa 2012. Formou parte da selección final para o Premio Goncourt 2012. Recibiu o Premio Goncourt dos estudantes en 2012.
Obra
[editar | editar a fonte]- Le Tigre, (2005; relato breve, éditions Hèbe)
- Les Derniers Jours de nos pères, (2012; éd. de Fallois / L’Âge d'Homme)
- La Vérité sur l'affaire Harry Quebert, (2012; éditions de Fallois / L'Âge d'Homme). Gran premio de novela da Academia francesa e Premio Goncourt dos estudantes.