Saltar ao contido

La Bañeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Bañeza
Imaxe

Localización
Mapa
 42°17′51″N 5°54′06″O / 42.2975, -5.9016666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor en Wikidata
CapitalLa Bañeza (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.047 (2023) Editar o valor en Wikidata (509,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie19,71 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude772 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Miguel Palazuelo Martín Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24750 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico987 Editar o valor en Wikidata
Código INE24010 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaytobaneza.es Editar o valor en Wikidata

La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, ao sopé da serra do Teleno. É tamén cabeza de partido xudicial. A súa poboación é de 10.068 habitantes (INE, 2021).

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como o Entroido, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales se celebra unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]