Saltar ao contido

La Jetée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Jetée
Ficha técnica
DirectorChris Marker
GuiónChris Marker
MúsicaTrevor Duncan
FotografíaChris Marker
MontaxeJean Ravel
DistribuidoraArgos Films
Estrea16 de febreiro de 1962 (Francia)
Duración28 minutos
OrixeFrancia
XéneroCiencia ficción
Na rede
IMDB: tt0056119 Filmaffinity: 677007 Allocine: 4788 Rottentomatoes: m/la_jetee Allmovie: v152971 TCM: 648488 Netlix: 70128396 Editar o valor en Wikidata

La Jetée é unha curtametraxe de ciencia ficción dirixida en 1962 por Chris Marker, con música de Trevor Duncan producida por Anatole Dauman para Argos Studio e editada por Jean Ravel.

A película de 28 minutos realizouse a través de fotografías fixas en branco e negro, empregando a imaxe en movemento só durante uns poucos segundos.

Nesta obra de culto atopou inspiración Terry Gilliam para a súa película 12 Monkeys[1], tamén renden homenaxe ó filme de Marker os videoclips "Dancerama" de Sigue Sigue Sputnik[2] e "Jump They Say" de David Bowie[3].

  1. Caviaro, Juan Luis (2008-08-25). "'La Jetée', la impresionante obra de arte que dio origen a '12 Monos'" (en castelán). Consultado o 2017-04-29. 
  2. foncete (2006-02-11). "Sigue Sigue Sputnik - Dancerama". Consultado o 2017-04-29. 
  3. emimusic (2009-02-26). "David Bowie - Jump They Say". Consultado o 2017-04-29.