Leŭ Haroška
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1911 (Xuliano) Traščyčy, Belarús |
Morte | 28 de xullo de 1977 (66 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | cemiterio de St Pancras e Islington |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa |
Educación | Collegium Canisianum (–1937) Seminario Teolóxico do Espírito Santo de Lviv Escola secundaria belarusa en Nowogródek |
Actividade | |
Campo de traballo | Igrexas católicas bizantinas, literatura e historia do cristianismo |
Ocupación | sacerdote católico, académico da cultura, escritor, pedagogo, activista social, xornalista de opinión |
Empregador | Božym šliacham Servizo belaruso da Radio Vaticana |
Membro de | |
Participou en | |
27 de xuño de 1944 | Segundo Congreso de Belarús |
Leŭ Haroška (en belaruso: Леў Гарошка), nado o 26 de febreiro de 1911[1] en Traščyčy[2] (Belarús, daquela na Gobernación de Grodno, Imperio Ruso) e finado o 8 de agosto de 1977 en París (Francia); tamén coñecido polos seus pseudónimos "Anatoĺ Žmienia" (Анатоль Жменя)[3] e "Prakop Kavaĺ" (Пракоп Каваль),[4] foi un sacerdote e arquimandrita grecocatólico belaruso, estudoso da historia das relixións, mestre, escritor e editor.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia ortodoxa moi pobre, de tradición grecocatólica, en Traščyčy.[5] Entre os anos 1923 e 1931 estudou no Gymnasium Belaruso de Navahrudak.[2][6][5] Grazas ao apoio do director do gymnasium Jan Ciechanoǔski e do director do museo belaruso de Vilnius Anton Luckievič, Haroška entrou na Academia Teolóxica Grecocatólica de Lviv (hoxe Universidade Católica Ucraína), onde estudou entre 1931 e 1936.[2][6][5]
Logo de graduarse na Academia, marchou a continuar os seus estudos a Innsbruck (Austria). Entre 1936 e 1937 estudou no Instituto de Teoloxía Católica da Universidade de Innsbruck.[6] O 17 de outubro de 1937, coa aprobación do metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi, Haroška foi ordenado sacerdote polo bispo Nykyta Budka da Igrexa ucraína na capela privada do metropolita en Lviv.[6][5] A primeira Divina Liturxia no seu país celebrouna na parroquia grecocatólica de Dzialiacičy,[6] preto de Navahrudak, onde o párroco era Vaclaŭ Anoška.
Ministerio sacerdotal
[editar | editar a fonte]Comezou o seu traballo pastoral na diocese de Pinsk,[2] entre 1937 e 1939, celebrando a liturxia en belaruso.[5] Serviu nas parroquias de Uhryničy, Haradnaja, Stoŭpcy e Zburaž. Foi perseguido polo seu traballo no ámbito pastoral e na educación polas autoridades civís polacas, e foi vixiado pola policía.[5]
En setembro de 1939 Andrei Sheptytskyi estabeleceu o exarcado apostólico de Belarús (grecocatólico), e en outubro de 1940 o xesuíta Anton Niemancevič foi nomeado como primeiro exarca.[7] O 2 de maio de 1942 Haroška foi elixido membro da dirección do exarcado e converteuse en vice-exarca. Porén, o exarcado foi de curta duración, e foi desmantelado polas autoridades nacionalsocialistas nese ano. O mesmo Haroška acusaba a relixiosos ortodoxos de ter delatado ao exarca.[7]
Durante a segunda guerra mundial viviu en Baranavičy, e traballou de mestre de latín e belaruso en escolas, comercios e xornais;[6] e participu no Segundo Congreso dos Belarusos que tivo lugar en Minsk en 1944.[5] Despois da guerra formou parte da gran migración cara ao oeste,[2] chegando a Berlín e posteriormente a Múnic, onde organizou a pastoral cos belarusos.
Dende o outono de 1945 viviu en Roma, onde en 1946 publicou a revista relixiosa en belaruso «Božym šliacham». O 16 de outubro de 1946 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Francia.[6][5] Entre 1947 e 1957 viviu en París, e seguiu a editar alí a revista Božym šliacham.[5] Posteriormente regresou a Roma, onde fixo o noviciado en 1959 coa Congregación dos Padres Marianos. En 1960 o bispo Časlaŭ Sipovič nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Gran Bretaña,[5] e entre 1962 e 1969 foi tamén abade da casa dos Padres Marianos en dita localidade, recibindo en 1965 a dignidade de arquimandrita.[5][6]
Tomou un papel moi activo en Londres, participando na vida cultural e relixiosa dos belarusos. Foi membro da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña e participou no ХІV Congreso de "Axuda á Igrexa Necesitada" en Königstein (1964).
Entre 1970 e 1977 dirixiu a sección belarusa de Radio Vaticano,[5][2][8] e foi reitor novamente da Misión Belarusa en Francia. O arquimandrita Leŭ Haroška finou no hospital en París, o 28 de xullo de 1977. Foi enterrado o 4 de agosto no cemiterio de St Pancras de Londres.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo o calendario xuliano, correspóndese co 11 de marzo do calendario gregoriano.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Radio Vaticano, ed. (11-03-2011). "100 год з дня нараджэняя былога кіраўніка нашай рэдакцыі". Consultado o 17-06-2014. (en belaruso).
- ↑ Por exemplo, no libro Кветкі І Церні Жыцьця. Зборнік Апавяданьняў.
- ↑ Por exemplo, no libro Беларусь у датах, ліках і фактах.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 Garbiński, Jerzy, ed. (1998). Беларуская думка XX стагоддзя: філасофія, рэлігія, культура. Польская акадэмія навук. p. 408. ISBN 9788386619627.
Леў ГАРОШКА (1911—1977) Каталіцкі святар, гісторык, культуролаг, пісьменнік, рэлігійны і грамадскі дзеяч [...]
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Catholic.by, ed. (10-03-11). "Да 100-годдзя з дня нараджэння архімандрыта Льва Гарошкі". Consultado o 17-06-14. (en belaruso).
- ↑ 7,0 7,1 Aleh Hardzienka. "Юрэвіч, Лявон (укл.) Беларуская мэмуарыстыка на эміграцыі.". Belaruski Histaryčny Ahliad. Consultado o 17-06-14.
У гэты час львоўскі мітрапаліт Андрэй Шаптыцкі [...] заснаваў для земляў былой Расійскай імперыі чатыры экзархаты, [...] Антон Неманцэвіч. Спадзяванні беларускіх уніятаў былі перакрэсленыя ў жніўні 1942 г., калі нямецкія ўлады арыштавалі і неўзабаве знішчылі айца Неманцэвіча. З яго забойствам фактычна скончылася і грэка–каталіцкае жыццё ў Беларусі. Уніяцкія святары ці былі арыштаваныя, ці выехалі на эміграцыю (як аўтар успамінаў). У арышце ксяндза Неманцэвіча Леў Гарошка абвінавачвае праваслаўных біскупаў з Жыровіцкага манастыра, якім замінала душпастырская дзейнасць грэка–каталікоў найперш сярод праваслаўных вернікаў.
- ↑ Radio Vaticano, ed. (18-03-2014). "“100 пытанняў – 100 адказаў”. Якія выдатныя постаці звязаны з гісторыяй Беларускай рэдакцыі Ватыканскага радыё?". Consultado o 17-06-2014.
У 1970 г. кс. Татарыновіч дасягнуў пенсійнага узросту і на пасадзе кіраўніка Беларускай рэдакцыі яго змяніў грэка-каталіцкі святар, мар’янін, айцец Леў Гарошка – беларускі рэлігійны і грамадскі дзеяч, даследчык гісторыі рэлігіі ў Беларусі, культуролаг і пісьменнік.
(en belaruso).
- Nados en 1911
- Nados na rexión de Hrodna
- Finados en 1977
- Marianos da Inmaculada Concepción
- Sacerdotes da Igrexa católica bizantina belarusa
- Sacerdotes católicos de Belarús
- Relixiosos católicos de Belarús
- Sacerdotes católicos do século XX
- Alumnos da Universidade Católica Ucraína
- Alumnos da Universidade de Innsbruck