Lingua cochimí
Cochimí | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Laymón | |
Falado en: | México | |
Rexións: | Baixa California | |
Extinción: | Comezo do século XX[1] | |
Familia: | Yuma-cochimí Cochimí | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | coj
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua cochimí foi unha lingua falada en gran parte de Baixa California falada polo pobo cochimí, atestada en documentos xesuítas do século XVIII. Semella que se extinguiu a comezos do século XX[1] (os falantes modernos "cochimí" falan kumiai.) Tiña dous dialectos principais, o setentrional e o meridional.
Os textos xesuítas estabelecen que a lingua estaba relacionada coas linguas yuma da rexión do río Colorado. Baseándose en estudos glotocronolóxicos, a separación entre o cochimí e as linguas yuma crese que puido ter ocorrido no 1000 a.C.[3]
Texto en cochimí
[editar | editar a fonte]Abaixo reprodúcese o Nosopai na variedade cochimí de San Ignacio Kadakaamán, recollida por Francisco Xavier Clavijero do traballo dos misioneiros Barco e Ventura, traballo este último que se perdeu.[4]
Va-bappa amma-bang miarnu,
rna-rnang-ajua huit maja tegem:
amat-mathadabajua ucuem:
kern-rnu-jua arnrna-bang vahi-mang amat-a-nang la-uahim.
Teguap ibang gual güieng-a.vit-a-jua ibang-a-nang packagit:
-mut-pagijua abadakegem, rnachi uayecgjua packabaya..guern:
kazet-aduangarnuegnit,pacurn:
guangrnayi-acg packadabanajarn.
Amén.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Golla, Victor. 2011. California Indian Languages, p. 125. University of California Press, Berkeley.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Hill, Jane H. "Toward a Linguistic Prehistory of the Southwest: "Azteco-Tanoan" and the Arrival of Maize Cultivation." Journal of Anthropological Research, Vol 58, No. 4 (Winter 2002), p. 458
- ↑ Clavijero, Francisco Xavier (1852). Historia de la Antigua o Baja California. Cidade de México: Imprenta de J. R. Navarro. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |