Saltar ao contido

Liturxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O bautismo de Clovis, de O Mestre de San Giles (ca. 1500).

Denomínase liturxia á forma coa que se levan a cabo as cerimonias nunha relixión,[1] ou nalgunha outra institución ou organización similar, é dicir, o conxunto de actos que forman parte do seu culto público e oficial.

Practicamente todas as sociedades practican rituais, é dicir, series de ritos, con connotacións de tipo relixioso ou cerimonial nas vodas, nos enterros e en moitos outros momentos importantes da vida individual ou colectiva, e adoita regulamentarse, aínda que en diferente medida, o modo en que se debe efectuar o culto nos lugares públicos, especialmente nos templos.

Porén, non debe confundirse liturxia con rito,[2] pois non son sinónimos absolutos.

Evolución do concepto

[editar | editar a fonte]

Orixe etimolóxica

[editar | editar a fonte]

O termo liturxia provén do latín liturgīa, que á súa vez procede do grego antigo λειτουργία liturgía, co significado xeral de "servizo público", e literal de "obra do pobo". Esta palabra inclúe á súa vez os termos λάος láos, "pobo", e έργον érgon, "traballo", "obra". No mundo helénico, este termo non tiña as connotacións relixiosas actuais, senón que facía referencia ás obras que algún cidadán levaba a cabo en favor do pobo ou ás funcións militares e políticas. Á exención desas funcións se lle chamaba αλειτουργεσία aliturgesía.

Nas versións máis antigas conservadas dos textos do Novo Testamento, escritos no grego chamado κοινέ (koiné), lingua franca de todo o Mediterráneo. esta palabra se utiliza con catro significados fundamentais:

  • obra civil (7 veces): coidar aos pobres, colectas e outras actividades;
  • culto do templo (5 veces): cun sentido ritual, similar ao culto do templo de Xerusalén;
  • exercicio público da relixión (1 vez): por exemplo, a predicación que se facía nas sinagogas ou nas prazas;
  • culto espiritual comunitario (2 veces): por exemplo, a asemblea litúrxica que se reunía para celebrar a fe en comunidade.

Antigüidade cristiá

[editar | editar a fonte]

Xa como relixión permitida no Imperio romano, o cristianismo desenvolveu cultos derivados do sacerdocio de Xesús; un deles, e o principal, era a eucaristía. Coa palabra λειτουργία, os primeiros cristiáns referíanse non ao sacrificio dos xudeus no templo, senón ao único sacrificio de Xesucristo. O uso desta palabra foi relativamente estraño, debido á posibilidade de confusión co culto xudeu. Pero, co tempo, volveuse común desde o século IV en todo o oriente grego, mentres que en Occidente, onde se descoñecía este termo, para referirse aos actos culturais se utilizaban palabras latinas tales como officium, munus, sacrum ritum, ministerium, etcétera. Todas estas expresións, aínda que buscaban evitar o o equívoco, non tiñan en conta o carácter público e a participación comunitaria que si se indica coa palabra λειτουργία.[Cómpre referencia]

Cos distintos cismas relixiosos establecéronse formas distintas de liturxia, cada unha das cales incluía distintos ritos.[Cómpre referencia]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para liturxia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]