Saltar ao contido

Locaia de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLocaia de Toledo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte304 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaprovincia de Toledo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa9 de decembro Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 8872668 Editar o valor en Wikidata

Locaia de Toledo[1], máis coñecida como santa Locaia, e coa variante Leocadia[1], foi unha virxe e mártir, venerada como santa pola Igrexa católica.

Locaia é unha das santas de culto máis antigo de España, aparecendo citada xa, por exemplo, nos calendarios mozárabes.[2] A prisión e morte de Leocadia foi narrada nun relato do século VII.[2]

Haxiografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición foi Publio Daciano, prefecto romano de Hispania e gobernador da Bética, quen aplicou en Hispania o decreto de Diocleciano que ordenaba a persecución dos cristiáns.[3]

Ao chegar a Toledo, o pretor Daciano manda encarcerar a Locaia pola confesión pública da súa fe e polo seu rexeitamento á apostasía. Locaia foi encerrada con amarras e nun alxube escuro para que reflexionase sobre os tormentos que a esperaban se non rectificaba.[2] Decatada do martirio de Baia de Mérida e doutros mártires como, entre outros, Vicente, Sabina e Cristeta de Talavera, cos tremendos tormentos que lles foron aplicados con gran crueldade, Locaia morre, talvez tamén de esgotamento, en prisión.[2]

Iconografía

[editar | editar a fonte]

Represéntase cunha cruz, xa que debuxou unha nunha rocha do cárcere no que estivo, e coa palma do martirio.[2] Tamén ante o pretor, azoutada e en prisión. Noutras ocasións represéntase na súa aparición a santo Ildefonso de Toledo. Por último, represéntase cunha torre, por morrer en prisión. Ten o título de confesora.[2]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-21. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Rivera Recio, Juan Francisco. "Santa Leocadia, patrona de Toledo (España)". Arquivado dende o orixinal o 3 de febrero de 2017. Consultado o 18 de diciembre de 2015. 
  3. Castelló, Gabriel (17 de enero de 2015). "San Vicente mártir y Valencia". Arquivado dende o orixinal o 15 de enero de 2018. Consultado o 16 de noviembre de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]