Luís Antônio Corrêa da Costa
Müller | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Luís Antônio Corrêa da Costa | ||
Nacemento | 31 de xaneiro de 1966 | ||
Lugar de nacemento | Campo Grande, Mato Grosso do Sur | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1983 | Operário (MS) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1988 | São Paulo | 60 | (25) |
1988–1991 | Torino | 65 | (24) |
1991–1994 | São Paulo | 41 | (13) |
1995–1996 | Kashiwa Reysol | 24 | (8) |
1995–1996 | → Palmeiras | 20 | (8) |
1996 | São Paulo | 20 | (11) |
1997 | Perugia | 6 | (0) |
1997–1998 | Santos | 27 | (10) |
1998–2001 | Cruzeiro | 43 | (9) |
2000–2001 | → Corinthians | 6 | (1) |
2001–2002 | São Caetano | 16 | (4) |
2003 | Tupi | 0 | (0) |
2003 | Portuguesa | 7 | (1) |
2004 | Ipatinga | 0 | (0) |
2015 | Fernandópolis | 1 | (1) |
Selección nacional | |||
1986–1998 | Brasil | 56 | (12) |
Adestrador | |||
2009 | Grêmio Maringá | ||
2010 | Sinop | ||
2011 | Imbituba | ||
2014 | Grêmio Maringá | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Luís Antônio Corrêa da Costa, máis coñecido como Müller, nado en Campo Grande o 31 de xaneiro de 1966 ) é un exfutbolista brasileiro que xogaba como dianteiro. Quinto máximo goleador da historia do São Paulo, gañou con este club numerosos títulos, entre eles dúas Copas Libertadores e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección brasileira, coa que se proclamou campión do mundo no Mundial de 1994.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desenvolveu a maior parte da súa carreira en clubs do seu país e destacou especialmente no São Paulo, no que xogou en tres etapas diferentes e do que é o quinto máximo goleador histórico con 158 goles. Debutou co club paulista en 1984 e conquistou con el catro Campionatos Paulistas, dous Campionatos Brasileiros, dúas Copas Libertadores, unha Supercopa Suramericana e dúas Copas Intercontinentais. En 1987 foi o máximo goleador do Campionato Brasileiro, con 10 tantos.
En 1993 marcou un gol na final da Libertadores diante do Universidad Católica de Chile e foi o autor do gol da vitoria na Copa Intercontinental ante o Milan de Fabio Capello, marcando de costas o terceiro e definitivo tanto (2-3). En 1994 volveu acadar a final da Copa Libertadores e marcou o único gol do seu equipo, que acabou perdendo o título na quenda de penaltis.
En 1996 formou parte do histórico equipo do Palmeiras que bateu varios récords no fútbol paulista. O equipo, dirixido por Vanderlei Luxemburgo e con xogadores como Cafu, Flávio Conceição, Djalminha, Luizão e Rivaldo, comezou a tempada marcando 13 goles nos dous primeiros partidos do Campionato Paulista, un preludio do que sería a tempada. O conxunto verde completou un campionato para a historia, rematando en primeira posición con 83 puntos (récord aínda non superado), 28 máis que o segundo clasificado, o São Paulo. Marcaron a cifra récord de 102 goles en 30 partidos, 15 deles obra de Müller.[1]
Tamén xogou en Italia, nas filas do Torino e do Perugia, e no Xapón, vestindo a camiseta do Kashiwa Reysol, ademais de pasar por varios equipos brasileiros máis como o Santos, o Cruzeiro e o Corinthians. Retirouse do fútbol profesional en 2004.[2]
Selección brasileira
[editar | editar a fonte]Foi 56 veces internacional coa selección brasileira, coa que marcou 12 goles. Debutou en marzo de 1986, nun amigable contra Alemaña Occidental. Continuou participando nos seguintes amigables do equipo e marcou o seu primeiro gol coa selección nunha vitoria por 3-0 diante da RDA. Foi convocado polo seleccionador Telê Santana para o Mundial de 1986 en México, no que foi participou en tódolos encontros do equipo suramericano, caendo na quenda de penaltis dos cuartos de final ante Francia.[3][4]
Ao ano seguinte participou coa canarinha na Copa América, sen conseguir pasar da primeira fase. Non acudiu á Copa América de 1989, pero volveu á selección no Mundial de 1990 en Italia. Marcou dous goles no torneo mundial, ambos na primeira fase, nas vitorias pola mínima diante de Costa Rica e Escocia. Formou na dianteira titular xunto a Careca e Valdo nos oitavos de final contra a Arxentina, caendo eliminados tras un solitario gol de Caniggia.[5]
Perdeu protagonismo na selección tralo Mundial e non participou na Copa América de 1991, pero foi convocado de novo por Carlos Alberto Parreira para a Copa América de 1993, na que foi titular en tódolos partidos. Marcou dous goles, pero o seu equipo foi eliminado nos cuartos de final a mans da Arxentina nunha quenda de penaltis.
Foi convocado tamén para o Mundial de 1994 nos Estados Unidos, na que foi a súa terceira Copa do Mundo. Relegado á suplencia por detrás de Bebeto e Romário, disputou só uns minutos na vitoria por 3-0 da primeira fase contra o Camerún. Viu dende o banco o resto do torneo, no que o seu equipo se proclamou campión do mundo tras derrotar na final a Italia.
Disputou o seu último partido internacional en setembro de 1998 contra Iugoslavia.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu irmán Cocada tamén foi futbolista e xogou entre outros no Flamengo, o Vasco da Gama ou o Fluminense.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]São Paulo
- Campionato Paulista (4): 1985, 1987, 1991, 1992.
- Campionato Brasileiro (2): 1986, 1991.
- Copa Libertadores (2): 1992, 1993.
- Copa Intercontinental (2): 1992, 1993.
- Supercopa Suramericana (1): 1993.
Torino
- Serie B (1): 1989/90.
- Copa Mitropa (1): 1991.
Palmeiras
- Campionato Paulista (1): 1996.
Cruzeiro
- Campionato Mineiro (1): 1998.
- Recopa Suramericana (1): 1998.
- Copa do Brasil (1): 2000.
Corinthians
- Copa Sul-Minas (1): 2001.
Selección sub-20 do Brasil
- Copa do Mundo Xuvenil (1): 1985.
Selección do Brasil
- Copa do Mundo (1): 1994.
- Copa Rous (1): 1987.
Individual
- Máximo goleador do Campionato Brasileiro (1): 1987.
- Bola de Prata (1): 1997.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El gran Palmeiras de los 90" (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ "Campeão mundial, ex-jogador Muller mora de favor e vive dificuldade financeira" (en portugués). 14 de maio de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ "Brasil 1-1 Francia 1986". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ "France edge Brazil in World Cup 1986 quarter-final – as it happened". The Guardian (en inglés). 28 de abril de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ "Brasil no Mundial de 1990". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ Micheletti, Rogério. "Cocada" (en portugués). Consultado o 9 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en ogol.com.br (en portugués).
- Datos do xogador na J1 League (en xaponés).
- Nados en 1966
- Nados no estado de Mato Groso do Sur
- Futbolistas do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do São Paulo FC
- Xogadores do Torino FC
- Xogadores do Kashiwa Reysol
- Xogadores do SE Palmeiras
- Xogadores do AC Perugia
- Xogadores do Santos FC
- Xogadores do Cruzeiro EC
- Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista
- Xogadores do AD São Caetano
- Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos
- Xogadores do Ipatinga FC
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Adestradores de fútbol do Brasil