Saltar ao contido

Luis Milla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Milla

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Teruel, España Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1990   FC Barcelona 54(2)
1985–1988   FC Barcelona B 40(5)
1990–1997   Real Madrid CF 165(3)
1997–2001   Valencia CF 79(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1990   España 3(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
UD Puçol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLuis Milla Manzanares Editar o valor en Wikidata

Luis Milla Aspas, nado en Teruel o 12 de marzo de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador profesional de fútbol español. Como xogador desenvolvíase na posición de medio defensivo, tendo sido xogador do FC Barcelona, Real Madrid e Valencia CF, así como internacional coa selección española. Como adestrador destaca a súa traxectoria nas categorías inferiores da selección española, onde gañou a Eurocopa e os Xogos do Mediterráneo. Actualmente adestra á selección de Indonesia. En 1999, fixo unha incursión na política presentándose polo Partido Aragonés (PAR) ás eleccións municipais do 13 de xuño na súa cidade natal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do F. C. Barcelona e alcanzou o primeiro equipo no ano 1988, aínda que xa debutara na tempada 1984-85, á idade de dezaoito anos, contra o Real Zaragoza. Tras consolidarse no Barcelona e ser convocado para xogar con España, en 1990 fichou polo Real Madrid C.F., onde xogou até 1997. Disputou os últimos anos da súa carreira para o Valencia C.F. ata que se retirou no ano 2001. En doce tempadas en Primeira División anotou seis goles: dous co Barcelona, tres co Real Madrid e un co Valencia.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Adestrou a U.D. Puçol na tempada 2006-07 conseguindo un 12.º posto en Terceira División, unha das mellores tempadas da historia do equipo valenciano. Ao finalizar a tempada foi chamado por Michael Laudrup para que fose o seu segundo adestrador no Getafe Club de Fútbol da Primeira División. Posteriormente, traballou na Real Federación Española de Fútbol como técnico nas categorías inferiores, onde destacou como adestrador da selección sub-21.

En febreiro de 2013,[1] firma co Al Jazira, segundo clasificado do campionato dos Emiratos Árabes Unidos, regresando aos bancos tras a amarga experiencia nos Xogos Olímpicos de Londres, onde non logrou conducir á selección española máis aló da primeira fase.[2] Foi destituído o 25 de outubro.[3] O 8 de xuño de 2015 confírmase a súa incorporación como adestrador Club Deportivo Lugo da Segunda División cun contrato de tres temporadas. Porén, o 24 de febreiro renuncia ao posto por motivos persoais, sendo substituído no cargo por José Durán.

Ano Club División Partidos Goles
1984-1985 FC Barcelona Primeira 1 1
1986-1987 FC Barcelona B Segunda 5 0
1987-1988 FC Barcelona B Segunda 35 5
1988-1989 FC Barcelona Primeira 28 0
1989-1990 FC Barcelona Primeira 25 1
1990-1991 Real Madrid Primeira 6 0
1991-1992 Real Madrid Primeira 36 0
1992-1993 Real Madrid Primeira 21 3
1993-1994 Real Madrid Primeira 31 0
1994-1995 Real Madrid Primeira 20 0
1995-1996 Real Madrid Primeira 32 0
1996-1997 Real Madrid Primeira 19 0
1997-1998 Valencia CF Primeira 30 0
1998-1999 Valencia CF Primeira 31 1
1999-2000 Valencia CF Primeira 12 0
2000-2001 Valencia CF Primeira 6 0

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Barcelona
Real Madrid
Valencia

Adestrador

[editar | editar a fonte]
España sub-21
España sub-20
España sub-19
  1. Axencia EFE (22 de febreiro de 2013). Diario AS, ed. "Luís Milla ficha polo Al Jazira" (en castelán). 
  2. El Mundo, ed. (7 de agosto de 2013). "Luís Milla, destituído na sub 21" (en castelán). 
  3. "O Ao Jazira destitúe a Milla". Marca (en español). 25 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]