Luzia
Tipo | fósil de Hominini cranio | ||
---|---|---|---|
Epónimo | Q100146631 | ||
Descubridor ou inventor | Annette Laming-Emperaire | ||
Localización | |||
División administrativa | Brasil | ||
Historia | |||
Data de descuberta ou invención | 1975 | ||
Luzia é un esqueleto fósil humano parcial dunha muller que viviu no territorio do actual Brasil hai entre 12.000 anos e 14.000 anos. Atopouse en 1975 na cova de Vermelha, proxima a Lagoa Santa, Belo Horizonte, Minas Gerais.
É o fosil de ser humano máis antigo atopado no Brasil e posibelmente en todo o continente americano.[1]
Nome
[editar | editar a fonte]
O fósil chámase formalmente Lapa Vermelha IV Hominídeo 1, pero foi nomeado Luzia polo biólogo brasileiro Walter Alves Neves, do Instituto de Biociências da Universidade de São Paulo, inspirado noutro fósil, Lucy, un Australopithecus afarensis atopado un ano antes en Etiopía en 1974, de 3,5 millóns de anos.
Aínda que foi chamado "o pai da Luzia", Neves non foi o seu descubridor (foi a arqueóloga francesa Annette Laming-Emperaire), pero si o seu maior estudoso, e o principal impulsor da teoría do poboamento de América por individuos non chegados de Asia (non-mongoloides), con características máis semellantes aos humanos orixinarios de África e Oceanía.[2]
Reconstrución paleobiolóxica
[editar | editar a fonte]Os forenses determinaron que a Luzia morreu arredor dos seus 20 anos. Aínda que se encontraron artefactos de sílex nas inmediacións, os seus foron os únicos restos humanos atopados na cova de Lapa Vermelha.
En 1999, o antropólogo británico Richard Neave, da Universidade de Manchester, realizou unha reconstrución paleobiolóxica de como sería o rostro de Luzia. O que máis intrigou aos investigadores foi a orixe do cranio.[1]
O artista forense Cicero Moraes fixo unha reconstrución facial forense do rostro de Luzia en 2012.
Danos
[editar | editar a fonte]Foi perdido no incendio que destruíu o Museu Nacional do Brasil no 2 de setembro de 2018.
O museo estaba situado na rexión norte da cidade do Río de Xaneiro. Fundado por D. João VI, o museo cumpriu douscentos anos no mesmo ano do incendio e contiña un acervo composto por máis de 20 millóns de elementos, entre eles o fósil de Luzia.[1]
O 19 de outubro de 2018 o director do museo, Alexander Kellner, anunciou que se atoparan o 80% das partes do fósil, nalgúns casos fracturadas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Luzia: 5 curiosidades sobre o fóssil da mulher mais antiga das Américas". Brasil de Fato (en portugués). 2018-09-04. Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "Walter Neves: O pai de Luzia". revistapesquisa.fapesp.br (en portugués). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "Luzia". cabrillo.edu. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luzia |
Este artigo sobre Arqueoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |