Saltar ao contido

Músculo semimembranoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo semimembranoso

O músculo semimembranoso é un músculo do membro inferior situado por debaixo do músculo semitendinoso no compartimento posterior da coxa.

Características

[editar | editar a fonte]

Insírese por riba da pegada superolateral da tuberosidade isquiática e por debaixo principalmente no suco e óso adxacente da superficie medial e posterior do cóndilo tibial medial. As expansións do tendón tamén se insiren e contribúen á formación de ligamentos e fascia que hai arredor da articulación do xeonllo.

O semimembranoso flexiona a perna na articulación do xeonllo e estende a coxa na articulación da cadeira. Actuando xunto ao músculo semitendinoso, rota en sentido medial a coxa na articulación da cadeira e a perna na articulación do xeonllo.

Vascularización

[editar | editar a fonte]

O semimembranoso está vascularizado por dous grandes vasos: a arteria glútea inferior e a arteria femoral fonda.

Innervación

[editar | editar a fonte]

Está innervado pola póla tibial do nervio ciático.