Macromedia FreeHand
Macromedia FreeHand é un Programa informático de Macromedia de edición de gráficos vectoriais bidimensionais orientados ao mercado profesional do deseño gráfico. É unha aplicación flexíbel, bastante usada ademais en diagramación (paxinación). Posúe capacidades avanzadas de manipulación de imaxes vectoriais e, de forma limitada, en imaxes raster, para impresión e para a World Wide Web. É utilizado en produción para a Web pola súa grande integración cos outros programas da Macromedia, como o Macromedia Flash. Antes de ser cancelado o seu desenvolvemento, competía no mercado profesional cos programas Adobe Illustrator e CorelDraw. Co lanzamento do Adobe Creative Suite 3, o FreeHand foi oficialmente substituído por Adobe Illustrator.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, foi creado pola Altsys e licenciado á Aldus, que lanzou as versións 1 a 4. Cando Aldus se xuntou á Adobe, que comercializaba o Adobe Illustrator, a Adobe devolveu o FreeHand para a Altsys. Máis tarde, en 1995, a Altsys foi adquirida por Macromedia, que lanzou o FreeHand nas versións 5.0, 5.5 (soamente para macOS), 7, 8, 9, 10 e 11 (ou MX). En 2005 Adobe comprou a Macromedia.
Coa compra de Macromedia por Adobe, que produce un programa concorrente, o Adobe Illustrator, o futuro do FreeHand foi cuestionado máis unha vez. A empresa anunciou inicialmente, en maio de 2006, que planeaba continuar a ofrecer mantemento técnico e desenvolvemento para o FreeHand "baseado nas necesidades dos seus consumidores".[1] Porén, un ano despois, en 15 de maio de 2007, Adobe declarou que iría cancelar, de feito, o desenvolvemento e mantemento de programa.[2]
Actualmente, os usuarios rexistrados do FreeHand MX poden comprar unha actualización para o Adobe Illustrator CS3. Mentres algúns usuarios do programa están enviando súas reclamacións á Adobe, esperando ver a continuidade do apoio e desenvolvemento de FreeHand,[3] a empresa decidiu fornecer ferramentas e guías para facilitar a transición para o Illustrator.
Oficialmente, o Macromedia FreeHand MX non admite Windows Vista. Porén, algúns usuarios relataran que o programa roda sen moitos problemas no sistema operativo da Microsoft.
Historia de lanzamentos
[editar | editar a fonte]versión | data de lanzamento | empresa | plataforma | alteracions significativas |
---|---|---|---|---|
1.0 | 1988 | Aldus | Mac OS X | |
1.2 | 1988 | Aldus | Mac OS X | |
2.0 | 1988 | Aldus | Mac OS X, NeXT (Virtuoso 1.0) | |
2.02 | 1988 | Aldus | Mac OS X, NeXT (Virtuoso 2.0) | |
3.0 | 1991 | Aldus | Mac OS X, Windows | |
3.1 | 1991 | Aldus | Mac OS X, Windows | |
4.0 | 1994 | Aldus | Mac OS X, Windows | |
5.0 | 1995 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
5.5 | 1995 | Macromedia | Mac OS X | |
6 (beta) | (non foi lanzado) | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
7.0 | 1996 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
7.2 | 1996 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
8.0 | 1998 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
8.0.1 | 1998 | Macromedia | Mac OS X, Windows |
|
9.0 | 2000 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
10.0 | 2001 | Macromedia | Mac OS X, Windows |
|
10.0.1 | 10 de setembro de 2003 | Macromedia | Mac OS X, Windows | |
11.0 (MX) | 2003 | Macromedia | Mac OS X, Windows |
|
11.0.1 (MXa) | 2003 | Macromedia | Mac OS X, Windows |
|
11.0.2 (MX) | 25 de febreiro de 2004 | Macromedia | Mac OS X, Windows |
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ macworld.co.uk Arquivado 06 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Adobe: GoLive and FreeHand development continues
- ↑ blogs.adobe.com/jnack Arquivado 15 de outubro de 2009 en Wayback Machine. FreeHand no longer updated; moving to Illustrator
- ↑ "enrichdesign.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2011. Consultado o 27 de abril de 2008.