Saltar ao contido

Manuel Amor Deus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Amor Deus
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 2007 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, obreiro Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1772189

Manuel Amor Deus, nado en Ferrol o 16 de febreiro de 1941 e finado na mesma cidade o 26 de xuño de 2007, foi un dirixente sindicalista comunista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse no barrio de Esteiro, o seu pai e o seu tío eran militantes do PCE. Con 14 anos entrou de aprendiz na Bazán. A mediados dos sesenta era oficial de segunda e converteuse en activista das Comisións Obreiras e do PCE. Dirixente de CCOO, como consecuencia das mobilizacións obreiras de 1972, xunto cos outros membros do xurado de empresa de Bazán Rafael Pillado e José María Riobó, foi encausado e sometido a consello de guerra. Pasou á clandestinidade e foi detido dous meses despois e encarcerado, permanecendo en prisión ata a morte de Franco.

Logo da legalización dos sindicatos foi elixido secretario xeral de CCOO de Galicia, permanecendo no cargo ata 1988 cando volveu ao seu traballo na Bazán. En 1992 deixou o traballo por unha incapacidade permanente total. Finou en Ferrol o 26 de xuño de 2007 vítima dun cancro de pulmón provocado polo amianto.[1]

  1. La Voz de Galicia, 27-6-2007, p. 44.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]