Saltar ao contido

Marcelo Odebrecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcelo Odebrecht

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Salvador, Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Federal da Bahia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEmílio Alves Odebrecht Editar o valor en Wikidata

Marcelo Bahia Odebrecht, nado en Salvador, Brasil, o 18 de outubro de 1968, é un enxeñeiro civil e empresario brasileiro.[1] Entre 2008 e 2015, foi presidente de Odebrecht, actualmente chamada Novonor, unha das maiores empresas de enxeñería e construción de América. É fillo de Emílio Alves Odebrecht.

Pola súa participación á fronte de Odebrecht, o 8 de marzo de 2016 foi condenado pola Audiencia Federal brasileira por delitos relacionados coa trama de corrupción descuberta na Operación Lava Jato.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marcelo é fillo do matrimonio de Emílio Alves Odebrecht (fundador de Braskem) e Regina Bahia, e neto de Norberto Odebrecht (fundador da Construtora Norberto Odebrecht, radicada en Baía)[3] e de Yolanda Alves. Ten tres irmáns. É descendente directo do inmigrante alemán Emil Odebrecht, que chegou ao estado brasileiro de Santa Catarina na segunda metade do século XIX.

Odebretch estudou Enxeñería Civil na Universidade Federal de Bahia. Está casado e ten tres fillas. Sucedeu ao seu pai coma CEO da empresa familiar en 2008[4] que en 2015, xa era a maior compañía construtora de América Latina.[5]

Operación Lava Jato

[editar | editar a fonte]

Malia o xeito de facer negocios da empresa, nunca tivo problemas coa xustiza até chegar á Operación Lava Jato.[3] O 19 de xuño de 2015, foi detido preventivamente no marco da Operación Lava Jato.[6][7][8] Entre as diversas acusacións que se lle imputaron, Marcelo estaba acusado, xunto coa construtora Andrade Gutiérrez, de pagar máis de 700 millóns de reais en subornos[9][10][11] para conseguir contratos de milleiror de millóns de dólares en varios niveis de goberno. Otávio Marques de Azevedo, CEO de Andrade Gutierrez, tamén detido na mesma ocasión, xunto con outros dez acusados, incluídos altos executivos de Odebretch.[12][13][14]

O 8 de marzo de 2016, foi condenado a 19 anos e 4 meses de prisión polos delitos de corrupción, branqueo de capitais e asociación criminal.[2] En maio de 2016, o xuíz Sergio Moro rexeitou outra denuncia contra el, por falta de probas, na que se lle acusaba de pagar subornos para evitar ser citado ante o CPI de Petrobras.[15]

En novembro de 2016, o Tribunal Supremo Federal mantivo a prisión preventiva de Marcelo Odebrecht, rexeitando a petición de declaración presentada pola defensa do empresario.[16] Pouco despois, o 1 de decembro de 2016, asinou un acordo de delación premiado xunto co seu pai Emílio Alves Odebrecht e comprometeuse a pagar, a través de Odebrecht (actual Novonor), 8.600 millóns de reais como indemnización por estar implicado en actos de corrupción.[17]

O 5 de novembro de 2017, saíu á luz a presenza de Marcelo Odebretch, xunto co seu pai e o seu irmán, nos Paradise Papers.[18]

O 19 de decembro de 2017, despois de dous anos e medio no cárcere, o empresario Marcelo Odebrecht saíu de prisión e comezou a cumprir a súa condena de arresto domiciliario.[19] En abril de 2022, a súa condena foi reducida de 10 a 7 anos e medio polo maxistrado Edson Fachin.[20][21][22] O 28 de abril de 2023, completou a súa condena despois da realización de traballos comunitarios.[23]

  1. Aragão, Marianna (21 de setembro de 2011). "A nova cara do país". exame.abril.com.br. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Justi, Adriana; Dionísio, Bibiana (8 de marzo de 2016 [actualizada o 18 de marzo de 2016]). "Justiça Federal condena Marcelo Odebrecht em ação da Lava Jato". g1.globo.com (en portugués). Consultado o 8 de março de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Renée Pereira (20 de novembro de 2020). "Amizade com Lula, Lava Jato e mais: livro narra ascensão e queda da Odebrecht". economia.uol.com.br (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  4. "Interview with Marcelo Odebrecht". PricewaterhouseCoopers (PWC). Consultado o 20 June 2015. 
  5. Redacción (12 de marzo de 2015). "El Top 20 de las constructoras latinoamericanas". structuralia.com (en castelán). Archived from the original on 25 de abril de 2016. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  6. Coutinho, Filipe; Marcondes de Moura, Pedro (20 de xuño de 2015). "Marcelo Odebrechet é preso pela PF". epoca.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  7. Rangel, Rodrigo; Borges, Laryssa (19 de xuño de 2015). "PF deflagra 14a. fase da lava-jato e prende presidente da Odebrecht". veja.abril.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2015. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  8. Redacción (20 de junho de 2015). "Quem é Marcelo Odebretch, un dos executivos preso na 14ª fase da Lava Jato". epocanegocios.globo.com (en portugués) (publicado o 20 de xuño de 2015 [actualizado o 3 de agosto de 2015]). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  9. REUTERS/Enrique Castro-Mendivil (19 de junho de 2015). "Propinas de Odebrecht e Gutierrez ultrapassam R$ 700 milhões". Consultado o 20 de junho de 2015. 
  10. Redacción (19 de xuño de 2015). "Propina paga pela Odebrecht é estimada em R$ 510 milhões e pela Gutierrez em R$ 200 milhões". epocanegocios.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  11. Borges, Laryssa (19 de xuño de 2015). "Odebrecht e Andrade Gutierrez pagaram ao menos R$ 764 mil em propina, diz MP". veja.abril.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2015-09-26. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  12. Borges, Laryssa (19 de xuño de 2015). "Justiça bloqueia bens de presidentes da Odebrecht e Andrade Gutierrez". veja.abril.com.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2015-09-26. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  13. Rodrigues Pozzebom, Fabio (19 de junho de 2015). "Presidentes presos de empreiteiras têm contas bloqueadas". exame.abril.com.br (en portugués) (publicado o 19 de xuño de 2015). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  14. Redacción (19 de xuño de 2016). "Justiça bloqueia até R$ 20 milhões de contas dos presidentes da Odebretch, Andrade Gutierrez e mas oito investigados". epocanegocios.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  15. Mateus Coutinho, Julia Affonso e Ricardo Brandt (10 de maio de 2016). "Moro rejeita denúncia contra Marcelo Odebrecht por propinas em CPIs da Petrobrás". Consultado o 2 de dezembro de 2016. 
  16. Breno Pires (22 de novembro de 2016). "STF mantém prisão preventiva de Marcelo Odebrecht". Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  17. Carvalho, Cleide (1 de decembro de 2016). "Emílio e Marcelo Odebrecht assinam acordo de delação na Lava Jato". extra.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  18. Delfino, Emilia (8 de novembro de 2017). "Paradise Papers: Salen a la luz 17 offshore de Odebrecht y al menos una se usó para sobornos". perfil.com (en castelán). Archived from the original on 08 de novembro de 2017. Consultado o 18 de maio de 2024. 
  19. Redacción (19 de decembro de 2017). "Marcelo Odebrecht deixa a cadeia para cumprir prisão domiciliar". g1.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  20. Megale, Bega (15 de abril de 2022). "STF reduz pena de Marcelo Odebrecht, que fica livre no fim do ano". blogs.oglobo.globo.com (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  21. Balthazar, Ricardo (2022-04-18). "STF reduz pena imposta a Marcelo Odebrecht em acordo de delação premiada". folha.uol.com.br (en portugués) (publicado o 18 de abril de 2022). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  22. Patriolino, Luana (18 de abril de 2022). "STF reduz pena de Marcelo Odebrecht, que pode ficar livre no fim do ano". correiobraziliense.com.br (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 
  23. Motta, Rayssa (noticias.uol.com.br). "Marcelo Odebrecht termina pena na Lava Jato após prestar serviços comunitários". noticias.uol.com.br (en portugués). Consultado o 18 de maio de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]