Medios Digitales de Galicia
Medios Digitales de Galicia é unha sociedade anónima do Grupo Voz que, canda Radio Voz Galicia e Voz Audiovisual, pasou a formar parte da sociedade limitada Medios Audiovisuales Gallegos, constituída na Coruña o día 28 de decembro de 2008. A compañía Medios Digitales de Galicia é titular dunha licenza para desenvover unha canle de televisión dixital terrestre de ámbito autonómico.[1]
A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.
No ano 2006 o equipo municipal de goberno de Santiago de Compostela adxudicou dúas parcelas no solo industrial de Amio (no Polígono industrial do Tambre) a Medios Digitales de Galicia S.A. para a creación dun centro de produción de televisión dixital terrestre. O Concello santiagués valorou aspectos como as novas tecnoloxías e a creación de emprego á hora de adxudicar estes terreos.[2]
A canle de TDT creada foi V Televisión, que comezou a emitir en probas o 9 de marzo de 2010,[3] e deixou de funcionar o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, cando a canle pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste,[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Constituida la compañía Medios Audiovisuales Gallegos S. L. para desarrollar el canal autonómico de televisión de La Voz. La Voz de Galicia, 31-01-2008. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ Adjudicadas dos parcelas a Medios Digitales de Galicia. La Voz de Galicia, 03-07-2006. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ "La tele de La Voz se estrea cun residual 0,3 % de audiencia" Arquivado 17 de xullo de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16-06-2010. Consultada o 14 de setembro de 2018.
- ↑ "V Televisión deixa de emitir". Galicia Confidencial. Consultado o 14 de setembro de 2018.