Merilin Kotta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1982 (42 anos) Haapsalu, Estonia |
Educación | Universidade de Talín |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, tradutora, filóloga |
Merilin Kotta, nada en Haapsalu o 7 de agosto de 1982, é unha lingüista e tradutora estoniana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2005 licenciouse en Historia pola Universidade de Talín, e en 2007 rematou un mestrado na Universidade de Tartu en lingua e literatura castelá. Fixo estancias na Universidade de Xirona, a Universidade de Valencia e a Universidade das Illas Baleares.[1] En 2013 doutorouse na Universidade de Tartu coa tese Manifestaciones del proceso de escritura en la narrativa breve catalana actual, dirixida por Jüri Talvet.[1][2]
Entre 2009 e 2013 foi profesora de castelán na Universidade Popular de Haapsalu, e desde 2012 é profesora de cultura española na Universidade de Talín.[1]
Xunto con Francisco Javier López Arias, en 2020 está a coordinar un dicionario bilingüe estoniano-galego.[3]
Traducións
[editar | editar a fonte]Kotta traduciu ao estoniano obras en lingua castelá, lingua catalá e lingua éuscara.
- Pool hingest de Carme Riera (2011; do catalán)
- Diana, üksildane jumalanna de Carlos Fuentes (2012; do castelán)
- Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe (2017, do éuscaro)
- Eluvälgatus. Pisarad. Haprus de Xavi Sarrià (2017, do catalán)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2018: Premio de Literatura da Universidade de Talín pola tradución de Bilbao-Nueva York-Bilbao
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Merilin Kotta. Currículum Vitae". Eesti Teadusinfosüsteem (en estoniano).
- ↑ Doktoritöö Tartu Ülikooli raamatukogu repositooriumis
- ↑ "Estudantes da Universidade de Tallín traballan no primeiro dicionario galego-estoniano". Sermos Galiza. 25 de maio de 2020.