NMBS/SNCB
NMBS/SNCB | |
---|---|
Acrónimo | SNCB e NMBS |
Tipo | national railway |
Data de fundación | 1 de setembro de 1926 |
Fundador(es) | Bélxica |
Director/a | Sophie Dutordoir |
Nº de empregados | 19.368 (2016) |
Organización subsidiaria | OSR France, Lineas Group, HR-Rail, Securail e Train World |
Sede | Bruxelas-Capital, Saint-Gilles e Saint-Gilles |
País | Bélxica |
50°50′08″N 4°20′09″L / 50.83569, 4.33578 | |
Na rede | |
https://www.belgiantrain.be/, https://www.sncb.be/, https://www.nmbs.be/ e https://www.belgianrail.be/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Nacional de Ferrocarrís Belgas, NMBS (Nationale Maatschappij der Belgische Spoorwegen, en neerlandés) ou SNCB (Société Nationale des Chemins de fer Belges, en francés) é a empresa nacional de transporte ferroviario de Bélxica.
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa foi creada en 1926 polo Estado belga ao querer integrar todas as empresas e liñas privadas de Bélxica. Na procura de diñeiro nos albores da gran crise económica de 1929, o Estado privatizouna en 1927. Despois da Segunda guerra mundial, o Estado belga recomprou todas as accións e en 1958 nacionalizáronse todas as liñas.
A partir de 1991 converteuse nunha sociedade pública autónoma.
A normativa europea impoñía dividir a estrutura única que até entón era un dos mellores servizos ferroviarios integrados en dúas partes: un xestor de infraestruturas, Infrabel, e un organizador de transporte ferroviario NMBS ou SNCB. Baixo a presión dos sindicatos e de certos políticos que querían evitar o desastre da privatización de British Rail e RailTrack no Reino Unido, crearon un holding para coordinar as dúas partes: NMBS-Holding ou Holding SNCB. Estes tres forman o Grupo NMBS.
En 2006, o grupo NMBS empregaba a preto de 37.865 persoas sendo, polo tanto, un dos grandes empregadores con máis antigüidade en Bélxica. A rede contaba con 3.536 quilómetros de liñas, dos que 2.701 quilómetros eran electrificados e 314 quilómetros eran de alta velocidade.
En 2007, transportaba a 206,5 millóns de persoas, o que supón un aumento significativo fronte aos 186,6 millóns de 2005.
2011 foi un ano récord con case 230 millóns de pasaxeiros transportados.[1]
Sucursais
[editar | editar a fonte]- Inter Ferry Boat (IFB): Transporte intermodal
- Tuc Rail: Servizos de enxeñaría de infraestruturas ferroviarias
- Transurb Technirail: Servizos de enxeñaría de transporte
- Railtour: Turismo
- Publicación: Publicidade
Participacións
[editar | editar a fonte]- Grupo Eurostar: as liñas de alta velocidade Bruxelas-Londres e París-Londres
- Thalys International: as liñas de alta velocidade París-Bruxelas-Ámsterdam e París-Bruxelas-Liexa-Colonia.
- BeNe Rail International (empresa conxunta coa empresa ferroviaria holandesa NS)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Over NMBS". www.belgiantrain.be (en neerlandés). Consultado o 2023-01-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Egide Walschaerts (1820-1901), enxeñeiro ferroviario e empresario
- Eurostat
- Redes Transeuropeas de Transporte
- Axencia Ferroviaria da Unión Europea
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: NMBS/SNCB |
- Sitio web oficial (en Arquivado 20 de maio de 2004 en Wayback Machine. holandés, francés, alemán e inglés)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ulysse Lamalle, De Geschiedenis der Belgische Spoorwegen, Bruxelas, Editorial Office de publicité, 1943, 158 páxinas (en neerlandés)
- Bart Van der Herten, Michelangelo Van Meerten, Greta Verbeurgt (editor), Sporen in België, 175 jaar spoorwegen, 75 years of the NMBS, Lovania, Editorial Leuven University Press, 2001, ISBN 9789058671103