Saltar ao contido

Cobra de colar eurasiática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Natrix natrix»)
Cobra de auga de colar
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Natricidae
Subfamilia: Natricinae
Xénero: Natrix
Especie: N. natrix
Nome binomial
Natrix natrix
(Linnaeus, 1758)

  • N. natrix natrix
  • N. natrix cetti
  • N. natrix corsa
  • N. natrix persa
  • N. natrix schweizeri
  • N. natrix sicula
  • N. natrix scutata
Sinonimia
  • Coluber natrix, Linnaeus, 1758
  • Coluber persa, Pallas, 1814
  • Coluber scutatus, Pallas, 1771
  • Coluber torquatus, Lacepede, 1789
  • Natrix vulgaris, Laurenti, 1768
  • Tropidonotus ater, Eichwald, 1831
  • Tropidonotus natrix, Eichwald, 1831

A cobra de colar[1][2] eurasiática ou cobra de auga de colar[2] eurasiática (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia de Eurasia. É moi similar á cobra de colar que se pode atopar en Galicia e no resto da Península Ibérica, e que dende hai poucos anos se considera unha especie diferenciada.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.

  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.
  2. 2,0 2,1 Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.