Naucalpan de Juárez
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Estado de México | |||
Capital | Naucalpan de Juárez (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 872.320 (2011) (5.569,3 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 156,63 km² | |||
Altitude | 2.300 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 53000 | |||
Prefixo telefónico | 55 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | naucalpan.gob.mx |
Naucalpan de Juárez é un concello do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Tlalnepantla de Baz, Huixquilucan, Jilotzingo, Lerma, Xonacatlán, Atizapán de Zaragoza e coas delegacións Azcapotzalco e Miguel Hidalgo da Cidade de México. A súa área é de 155,70 km², e a súa poboación era de 872.320 habitantes no ano 2011.[1] A cabeceira municipal é Naucalpan de Juárez, a segunda poboación é Cidade Satélite.[2]
Topónimo
[editar | editar a fonte]Naucalpan identifícase co nome na lingua náhuatl de Nauhcalpan (cfr. náhuatl actual Nahui (catro), callli (casa), e o sufixo de lugar -pan). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar de catro casas". O apelido é en honor a Benito Juárez, expresidente de México.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello atópase no centro do Estado de México, a 8 quilómetros ao noroeste da Cidade de México e 80 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[2]
Política e goberno
[editar | editar a fonte]O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]O concello de Naucalpan de Juárez ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.
Localidades | Poboación |
Total do concello | 833 779 |
Naucalpan de Juárez | |
San Francisco Chimalpa | |
Santiago Tepetlaxco | |
San José Tejamanil |
Cultura
[editar | editar a fonte]Conta cun bo número de monumentos patrimoniais e unha grande historia. Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo os recintos máis importantes as igrexas, edificios barrocos que conservan as súas características de deseño orixinal.
As torres de Satélite son estruturas de formigón pintadas en cores, azul, vermella, amarela e branca, é un símbolo de modernidade de finais do século XX, de estilo minimalista e o seu arquitecto foi Luis Barragán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concello de Naucalpan de Juárez Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine., SEDESOL, 29 de novembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Monografia municipal de Naucalpan de Juárez Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Naucalpan de Juárez INEGI, 2009.