Pacific Sun
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Pacific Sun (antigamente Sunflower Airlines e Sun Air) é unha empresa aérea establecida en Nadi, Fidxi. Dende 2007 é unha subsidiaria da Air Pacific.
Historia
[editar | editar a fonte]Don Collingwood, un piloto e executivo, fundou a aeroliña que se acabaría coñecendo como Pacific Sun en 1980, baixo o nome de Sunflower Airlines, que máis adiante se convertería en Sun Air. Os seus comezos foron cun único Britten Norman BN2 Islander, efectuando a ruta Nadi-Taveuni. En xaneiro de 2007 a frota creceu ata os doce aparatos, e a compañía daba emprego a preto de 140 persoas.[1]O 31 de xaneiro de 2007 Sun Air foi transferida á compañía matriz actual, Air Pacific, que tivo que facer fronte a unha denuncia da súa competidora, Air Fiji, contraria á absorción.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Exquisite Fiji" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pacific Sun |