Petroloxía
Aparencia
A petroloxía (do grego πέτρος, pétros, "rocha" e λόγος, lógos, "temática" ou "materia") é a disciplina xeolóxica que se dedica ao estudo das rochas desde súa forma macroscópica á súa composición de minerais microscópicos e compostos químicos.[1][2] Ademais da estrutura e composición, estuda a orixe e distribución das rochas.
A litoloxía ten sido un sinónimo de petrografía, mais actualmente a litoloxía oriéntase só á descrición física macroscópica das rochas. A petrografía, porén, estuda os detalles microscópicos das rochas.
Liñas de estudo
[editar | editar a fonte]- Petroloxía ígnea, estuda as composición e textura das rochas plutónicas e volcánicas, xeradas a partir dun magma que pode ou non chegar a superficie terrestre.
- Petroloxía sedimentaria, estuda as composición e textura da rochas que se constituíron a partir de materiais procedentes da meteorización doutras rochas.
- Petroloxía metamórfica, estuda as composición e textura das rochas que se formaron en condicións de alta presión e temperatura.
- Petroloxía experimental, na que se empregan altas presión e temperatura en condicións controladas para investigar as relación xeoquímicas e de fases de diferentes materiais sometidos a tales condicións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sección de petroloxía en Nature.
- ↑ Sen, Gautam (19 de novembro de 2013). Petrology: Principles and Practice. Springer Science & Business Media. ISBN 978-3-642-38800-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petroloxía |