Saltar ao contido

Picrophilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Picrophilus é un xénero de arqueas da familia Picrophilaceae.[1]

Picrophilus é un xénero de euriarqueotas acidófilos extremos[2], que son os organismos máis extremadamente acidófilos coñecidos,[3] que poden vivir a pH 0,06.[4] Son acidófilos obrigados, xa que son incapaces de manter a integridade da súa membrana se o pH é maior de 4. Aínda que están filoxeneticamente relacionados con outros organismos do grupo dos Thermoplasmata, a diferenza de Thermoplasma e Ferroplasma, Picrophilus contén unha parede con capa S.

  1. ver no NCBI a páxina para Picrophilus. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19. 
  2. Schleper, Pühler, Klenk and Zillig (July 1996). "Picrophilus oshimae and Picrophilus tomdus fam. nov., gen. nov., sp. nov., Two Species of Hyperacidophilic, Thermophilic, Heterotrophic, Aerobic Archae" (PDF). International Journal of Systematic Bacteriology (International Union of Microbiological Societies) 46 (3): 814–816. ISSN 1466-5034. OCLC 807119723. doi:10.1099/00207713-46-3-814. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2015. Consultado o 31 October 2013. 
  3. C.Michael Hogan. 2010. Extremophile. eds. E.Monosson and C.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment, Washington DC.
  4. Life in the Universe: Expectations and Constraints

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Revistas científicas
Libros científicos
  • Madigan, M.T. and Martinko, J.M. (2005). Brock Biology of Microorganisms, 11th Ed. Pearson Prentice Hall. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]