Pietermaritzburg
Epónimo | Piet Retief (en) e Gerrit Maritz (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | KwaZulu-Natal | |||
Distritos municipais da África (pt) | uMgungundlovu District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Msunduzi Local Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 126 km² | |||
Altitude | 596 m | |||
Creación | 1839 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3201 e 3200 | |||
Prefixo telefónico | 033 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | msunduzi.gov.za |
Pietermaritzburg é unha cidade de Suráfrica, que é a capital e a segunda cidade máis grande da Provincia de KwaZulu-Natal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a unha altitude media de 596 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 126,15 km².[1]
Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 223 448 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 800 hab/km².[1]
Popularmente chamada Maritzburg, e abreviada coa sigla PMB, é a sede do campus da Universidade de KwaZulu-Natal.
É unha cidade industrial que produce aluminio, madeira e derivados, e produtos lácteos.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1838.
Pietermaritzburg é famosa por un incidente dos primeiros anos da vida de Mahatma Gandhi, en que o botaron dun tren por viaxar nun vagón de primeira clase (sendo indio). Este incidente inspirou a Gandhi para iniciar a súa carreira protestando contra as leis discriminatorias contra os indios en Suráfrica. Actualmente, unha estatua de bronce de Gandhi eríxese na rúa Church no centro da cidade.
Outros acontecementos históricos
[editar | editar a fonte]- O primeiro xornal de Natal, o Natal Witness (hoxe coñecido como The Witness -A Testemuña-), foi publicado en 1846.
- Os Xardíns botánicos da cidade, de 46 hectáreas, foron creados en 1872 pola Sociedade Botánica de Natal.
- A Casa do Concello, que é o edificio de ladrillo vermello máis grande do hemisferio austral, foi destruído por un incendio en 1895, pero foi reconstruído en 1901.
- Os británicos instalaron un campo de concentración alí durante a Segunda guerra bóer para aloxar mulleres e nenos bóers.
- En 1962, Nelson Mandela foi detido no pobo próximo de Howick ao norte de Pietermaritzburg. Este arresto marcou o inicio dos 27 anos de prisión de Nelson Mandela. Un pequeno monumento erixiuse no lugar da súa detención.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pietermaritzburg |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ingram, J. Forsyth (1898): The story of an African city. Pietermaritzburg: C. Coester.
- Jenkins, G. (1971): A Century of History: the story of Potchefstroom. 2nd ed. Cape Town: AA Balkema.