Saltar ao contido

Poalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neno xogando nunha tarde de poalla e néboa.

A poalla é un tipo de precipitación meteorolóxica caracterizada por ter un tamaño de gota pequeno (usualmente menor de 0,5 mm de diámetro) dando a impresión de que as gotas flotan en vez de caer. A poalla orixínase en nubes relativamente baixas e de pouco desenvolvemento vertical como son os estratocúmulos.

Aínda que a súa intensidade é usualmente menor á da choiva, a poalla pode ser o suficientemente copiosa como para producir acumulacións da orde de 1 mm/h.

Recibe tamén os nomes de babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, mollaparvos, melear, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poallada, poalleira, poallo ou zarzallo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.