Priyanka Chopra
Priyanka Chopra (en hindi devánagari: प्रियंका चोपड़ा), nada en Jamshedpur, Jharkhand o 18 de xullo de 1982, é unha actriz e cantante india e gañadora do concurso internacional de beleza Miss Mundo no ano 2000. Antes do inicio da súa carreira de actuación traballou como modelo. Gañou fama e notoriedade despois de gañar o título de Miss Mundo no 2000. A miúdo é referida co alcume de "Piggy Chops" que lle foi dado polos seus co-protagonistas na rodaxe do filme hindú Bluffmaster!. Durante a súa carreira gañou unha vez o premio Filmfare, ao que tamén foi nomeada sete veces, e un Premio Nacional de Cine da India por Mellor Actriz.[1]
O seu debut como actriz foi no 2002, no filme Tamizhan. Ao seguinte ano fixo o seu debut en Bollywood co filme "The Hero: Love Story of a Spy", seguindo co éxito "Andaaz", polo cal gañou un Premio Filmfare por Mellor Debut Femenil. No 2004 converteuse na segunda muller en gañar o Premio Filmfare a Mellor Vilán, que recibiu polo seu aclamado papel pola crítica en Aitrazz. Chopra máis tarde tenría éxito comercial con filmes como Mujhse Shaadi Karogi (2004), Krrish (2006), Don: The Chase Begins Again (2006) e Don 2 (2011).
O 2008 marcou o comezo dunha nova etapa na carreira de Chopra. A súa interpretación de modelo con problemas, no filme Fashion valeulle un Premio Nacional de Cine á Mellor Actriz, así como un Premio Filmfare á Mellor Actriz. Recibiu críticas positivas polos seus papeis en filmes como Kaminey (2009), What's your Raashee? (2009) e 7 Khoon Maaf (2011), pola que gañou un Premio Filmfare a Mellor Actriz. Unha vez feito isto, Chopra estabeleceuse como unha das principais actrices do Bollywood contemporáneo.
Ademais de actuar en filmes, Chopra é actriz de teatro e lanzou o seu primeiro álbum discográfico a nivel internacional en 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Os dous pais de Priyanka, Ashok e Madhu Chopra, nada Akhauri, eran médicos, e ela ademais ten un irmán. Priyanka está moi unida ao seu pai, orixinario de Punjab; mentres que a súa nai é de Bihar ao norte da India. Pasou parte da súa infancia en Bareilly, Uttar Pradesh. A súa familia mudábase moito xa que o seu pai estaba na armada. Estudou no La Martiniere Lucknow en Lucknow, e máis tarde foise aos Estados Unidos, onde estudou na Newton North High School, en Newton, Massachusetts e na Robert Kennedy High School (Flusing Queens) en Nova York antes de regresar á India para completar a súa educación na Army Public School (Bareilly). Empezou no Jai Hind College en Bombai, pero o deixou para presentarse a Miss Mundo. O seu pai tamén foi un bo cantante.
Concursos de beleza
[editar | editar a fonte]Priyanka coroouse Miss India Mundo e logo Miss Mundo en 2000.[2] O mesmo ano, Lara Dutta e Diya Mirza, ambas da India, gañaron Miss Universo e Miss Asia Pacific.
Foi a quinta hindú en coroarse Miss Mundo.
Carreira de actriz
[editar | editar a fonte]Tras gañar Miss Mundo, fíxose actriz. O seu primeiro filme foi Thamizhan (2002) en támil e desde 2003 apareceu en moitas películas de Bollywood.
Actuou na serie Mujhse Shaadi Karogi en (2004) e logo en Aitraaz, un remake en hindi do filme protagonizado por Demi Moore Disclosure ( Acoso) e ese mesmo ano participou no tour "Temptations 2004" con outras estrelas de Bollywood, Shahrukh Khan, Rani Mukerji, Saif Ali Khan, Preity Zinta e Arjun Rampal.
En 2005, xa protagonizara moitos filmes e en 2006, participou en dous dos filmes máis taquilleros do ano, Krrish e Don - The Chase Begins Again. En 2006, Priyanka Chopra foi votada a muller asiática polo Eastern Eye, unha publicación asiática.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]A súa primeira gravación, a canción "Ullathai Killadhe" no filme "Thamizhan Tamil" (2002), fíxose a instancias do seu director Vijay, quen se fixara na súa forma de cantar no set.[3] En agosto de 2011, Chopra asinou un acordo de gravación con Universal Music Group, o acordo indica que o seu primeiro álbum de estudio sería lanzado por Interscope Records en Norteamérica e por Island Records noutros lugares.[4]
Chopra viaxou aos Estados Unidos para traballar no seu primeiro álbum que tiña previsto o seu lanzamento para principios de 2014, colaborando con Sam Watters, Matthew Koma, Jay Sean e RedOne, sendo este último o produtor do álbum.[5] O seu primeiro sinxelo "In My City" en colaboración de will.i.am inspirouse na súa infancia inestable e a súa viaxe dunha chica de pobo cunha celebridade, a canción recibiu críticas mixtas dos críticos, e foi un éxito comercial na India; vendeu máis de 130.000 copias na súa primeira semana encabezando a lista pop hindú e foi certificado triplo platino.[6]
En xullo de 2013 lanzou o seu segundo sinxelo "Exotic", en colaboración de Pitbull, e rapidamente chegou a ser número un en iTunes India, "Exotic" debutou no número 16 en "Billboard Dance/Electronic Songs" e no número 11 en "Dance/Electronic Digital Songs".[7]
O seu terceiro sinxelo, unha versión electropop de "I Can't Make You Love Me" de Bonnie Raitt, lanzado o 22 de abril de 2014.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Gañadora
[editar | editar a fonte]- 2003: Premios Filmfare: Filmfare Best Debut Award; Andaaz
- 2004: Premios Filmfare: Filmfare Best Villain Award; Aitraaz
- 2004: Stardust Awards: Stardust Best Supporting Actress Award; The Hero: Love Story of a Spy
- 2004, Bengal Film Journalists' Association Awards: Best Actress (Hindi Movies); Aitraaz
- 2004: Star Screen Awards: Star Screen Award Best Villain; Aitraaz
- 2005: Stardust Awards: Stardust Superstar of Tomorrow - Female; Mujhse Shaadi Karogi
- 2006: Style Diva of 2006 [8]
- 2006: POGO Awards: Most Amazing Actress; Krrish
- 2006: Sabse Favouite Kaun: Tez Sitara.
- 2007: Kelvinator's Gr8 Women Award: Contribution to Indian Cinema.
- 2007: Most Searched Female Actor on Internet: GIFA Awards [9]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Outros |
---|---|---|---|
2002 | Thamizhan | Priya | En tamil |
2003 | The Hero: Love Story of a Spy | Shaheen Zakaria | |
2003 | Andaaz | Jiya | Gañadora do Filmfare Best Debut Award |
2004 | Plan | Rani | |
2004 | Kismat | Sapna Gosai | |
2004 | Asambhav | Alisha | |
2004 | Mujhse Shaadi Karogi | Rani Singh | |
2004 | Aitraaz | Sonia Roy | Gañadora do Filmfare Best Villain Award nomeada ao Filmfare Best Supporting Actress Award |
2005 | Blackmail | Sra. Rathod | |
2005 | Karam | Shalini | |
2005 | Waqt: The Race Against Time | Pooja | |
2005 | Yakeen | Simar Oberoi | |
2005 | Barsaat | Kajal | |
2005 | Bluffmaster | Simran "Simmi" Ahuja | |
2006 | 36 China Town | Sweetu | Aparición especial |
2006 | Taxi Number 9211 | Aparición especial | |
2006 | Alag | Aparición especial na canción Sabse Alag | |
2006 | Krrish | Priya | |
2006 | Aap Ki Khatir | Anu | |
2006 | Don - The Chase Begins Again | Roma | |
2007 | Salaam-e-Ishq: A Tribute To Love | Kkamini | |
2007 | Big Brother | ||
2007 | Om Shanti Om | Ela mesma | Aparición especial na canción "Deewangi Deewangi" |
2008 | My Name is Anthony Gonsalves | Ela mesma | Aparición especial |
2008 | Love Story 2050 | Sana / Zeisha | Dobre rol |
2008 | God Tussi Great Ho | Alia Kapoor | |
2008 | Chamku | Shubhi | |
2008 | Drona | Sonia | |
2008 | Fashion | Meghna Mathur | Gañadora do Premio Nacional Film a Mellor Actriz Gañadora do Premio Filmfare a Mellor Actriz |
2008 | Dostana | Neha Melwani | |
2009 | Billu | Ela mesma | Aparición especial na canción "You Get Me Rockin & Reeling" |
2009 | Kaminey | Sweety Shekhar Bhope |
Nomeada—Premio Nacional Film a Mellor Actriz |
2009 | What's Your Raashee? | 12 roles | Anjali / Vishakha / Kajal / Hansa / Mallika / Pooja / Rajni / Nandini / Bhavna / Jhankhana / Sanjna / Chandrika |
2010 | Pyaar Impossible! | Alisha Merchant | |
2010 | Jaane Kahan Se Aayi Hai | Ela mesma | Aparición especial |
2010 | Anjaana Anjaani | Kiara Malhotra | |
2011 | 7 Khoon Maaf | Susanna Anna-Marie Johannes |
Filmfare Critics Award for Best Actress Nomeada—Filmfare Award for Best Actress |
2011 | Ra.One | Desi Girl | Aparición especial |
2011 | Don 2 | Roma | |
2012 | Agneepath | Kaali Gawde | |
2012 | Teri Meri Kahaani | Ruksar / Radha / Aradhana |
|
2012 | Barfi! | Jhilmil Sengupta | (2012) |
2013 | Krrish 3 | Priya Mehra | |
2013 | Zanjeer | Mala | |
2013 | Planes | Ishani | |
2014 | Mary Kom | Mary Kom | |
2015-presente | Quantico | Alex Parrish | Serie de televisión |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.ndtv.com/photos/entertainment/priyanka-s-exotic-moment-with-pitbull-14807
- ↑ Rao, H.S. (1 de decembro de 2000). "Priyanka Chopra is Miss World 2000". rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2006. Consultado o 2 de agosto de 2006.
- ↑ "Eyecatchers — She's Getting Vocal". India Today (Digital Today). 28 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2012.
- ↑ Bhushan, Nyay (5 de agosto de 2011). "Universal Music Group Signs Bollywood Star Priyanka Chopra to Global Deal". The Hollywood Reporter. Consultado o 31 de agosto de 2012.
- ↑ Baker, Steven (7 de xullo de 2012). "Bollywood Star Priyanka Chopra in the Studio With RedOne". Digital Spy. Consultado o 30 de novembro de 2012.
- ↑ Joshi, Priya (30 de xaneiro de 2013). "Priyanka Chopra releases video for will.i.am duet In My City". Digital Spy. Consultado o 27 de febreiro de 2013.
- ↑ "Dance/Electronic Digital Songs : July 27, 2013". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013.
- ↑ "Priyanka Chopra crowned style diva". Arquivado dende o orixinal o 06/06/2008. Consultado o 29/06/2017.
- ↑ "Priyanka Chopra Awards Category". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 29 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Priyanka Chopra |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Yukta Mookhey |
Miss Mundo 2002 |
Sucesor: 'Agbani' Asenite Darego |