Saltar ao contido

Quero vivir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quero vivir
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalI Want to Live!
DirectorRobert Wise
ProdutorWalter Wanger
GuiónNelson Gidding
Don Mankiewicz
IntérpretesSusan Hayward
Simon Oakland
Virginia Vincent
Theodore Bikel
MúsicaJohnny Mandel
FotografíaLionel Lindon
MontaxeWilliam Hornbeck
EstudioFigaro
DistribuidoraUnited Artists
Estrea18 de novembro de 1958
Duración120 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1 383 578 dólares[1]
Recadación5 641 711 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0051758 Filmaffinity: 313248 Allocine: 20085 Rottentomatoes: m/i_want_to_live Allmovie: v24154 TCM: 78889 Netlix: 60010470 Editar o valor en Wikidata

Quero vivir (en inglés: I Want to Live!) é un filme de cine negro de 1958 escrito por Nelson Gidding e Don Mankiewicz, producido por Walter Wanger e dirixido por Robert Wise, que conta a historia dunha muller, Barbara Graham, delincuente habitual condenada por asasinato que espera a súa execución. Protagonízaa Susan Hayward como Graham. O filme foi adaptado de cartas escritas por Graham e de artigos do xornalista gañador do premio Pulitzer Ed Montgomery. Mostra unha versión ficcionalizada do caso, amosando a posibilidade da inocencia de Graham.

O filme recibiu seis candidaturas aos premios Oscar e Hayward gañou o premio á mellor actriz.

Foi emitido na TVG o 13 de setembro de 1997.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O filme conta a historia da vida e execución de Barbara Graham, prostituta e convicta por perxurio. Graham é o resultado dun fogar roto, e traballa atraendo homes a partidas de cartas amañadas. Nun momento intenta seguir unha vida recta, mais casa co "home equivocado" e ten un neno. El é drogadicto e ela remata coa relación.

Cando a súa vida se derrumba, volve ás súas antigas profesións e vese involucrada cun home que matou unha muller. A policía arréstaos e os seus acompañantes acúsana do asasinato para reducir as súas posibilidades de ir á cámara de gas. Ela insiste na súa inocencia, mais finalmente é executada.

  1. 1,0 1,1 Bernstein, Matthew (2000). Walter Wagner: Hollywood Independent. Minnesota Press. p. 446. 
  2. La Voz de Galicia, 13 de setembro de 1997. Páx. 79